Francisco José Portela Sandoval , nado en Pontevedra o 18 de decembro de 1944 e finado en Madrid o 28 de agosto de 2015, foi un profesor e historiador da arte galego.

Traxectoria Foi catedrático de Historia da Arte da Universidade Complutense de Madrid,https://www.ucm.es/ na que desenvolveu o seu labor docente durante 49 anos. Foi vicerreitor de Ordenación Académica,http://elpais.com/diario/1997/09/11/madrid/873977057_850215.html decano da Facultade de Xeografía e Historia e director do Departamento de Historia da Arte Moderna na Universidade Complutense de Madrid.https://www.ucm.es/ Tamén foi director da Academia de Arte e Historia de San Dámaso da Provincia Eclesiástica de Madrid e académico correspondente das Reais Academias de Belas Artes de San Fernando de Madrid, San Carlos de Valencia e Santa Isabel de Sevilla, así como da Real da Historia, pertencendo tamén á Portuguesa da Historia e á Nacional de Belas-Artes de Portugal. Foi membro do Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire, presidente da Real Asociación de Amigos dos Museos Militares, presidente do Instituto de Estudios Madrileños, vicepresidente da Fundación Villa y Corte e director de Madrid. Revista de arte, historia y geografía editada pola Comunidade de Madrid e de Militaria. Revista de cultura militar. Formou parte como vogal do Patronato do Museo Arqueolóxico Nacional e do Consello Rexional de Patrimonio Histórico da Comunidade de Madrid.

Dedicado con preferencia ao estudo da escultura española dos séculos XVI ao XX, foi autor de libros e artigos e participou en proxectos nacionais e internacionais de investigación. Director de memorias de licenciatura e teses doutorais, foi comisario de varias exposicións e xurado de concursos.

Obras La escultura del siglo XVI en Palencia (1977). Escultura española del siglo XX (1980). Casado del Alisal: 1831-1886 (1987). El palacio de Buenavista. Cuartel General del Ejército (1996 e 2007). Luis Marco Pérez (1999). El Cuartel General del Aire (2000). El palacio de Quintana, residencia de la infanta Isabel de Borbón, "La Chata" (2011).

Recoñecementos Foi condecorado coa medalla de honra da Universidade Complutense e coas cruces do Mérito Militar e do Mérito Aeronáutico do Ministerio de Defensa.

Notas

Categoría:Profesores da Universidade Complutense de Madrid Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2015 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes