O alyawarr é unha lingua australiana do grupo arándico.
Distribución xeográfica Fálase nun territorio a 200 km ao norte de Alice Springs, nas rexións de Amperlatwaty (300 habitantes) Irrewelty e Rltarlpelte
Uso A lingua emprégase no seu territorio tradicional, mesmo para funcións oficiais dentro da Aherrenge Association Incorporated, a organización local que administra unha parte do territorio de lingua alyawarr. Tamén existe publicado material didáctico para as tres escolas bilingües da rexión, unha gramática e un dicionario, así como algunha tradución parcial da Biblia.
Véxase tamén Outros artigos Lista de linguas aborixes de Australia
Ligazóns externas O alyawarr no Ethnologue
Categoría:Linguas pama-nyunganas Categoría:Linguas de Australia