A dos alepocefálidos (Alepocephalidae) é unha familia de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes,Alepocephalidae Bonaparte, 1846 no WoRMS.Alepocephalidae no ITIS. que se distribúen por todo o océano Pacífico, a costa leste do océano Atlántico e a do oeste do Índico.Alepocephalidae na FishBase.
Até hai poucos anos esta familia estaba incluída na orde dos arxentiniformes, pero tanto o WoRMS, como o ITIS e como a FishBase, baseándose en estudos máis recentes, clasifácanos dentro da orde dos osmeriformes.Eschmeyer, W. N. & Fricke R., eds. (2011): "Catalog of fishes. Updated internet version of 05 May 2011. Catalog databases of CAS cited in FishBase (website).Van Der Laan, R., Eschmeyer, W. N. e Fricke, R. (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa 3882 (2): 1–230.
Características Normalmente teñen os dentes moi pequenos, e longas e numerosas filas de branquias.
Hábitat O hábitat máis común no que se enontran estes peixes son as profundidades mariñas por debaixo dos 1 000 m.
Xéneros Existen cerca de cen especies, agrupadas nos 19 xéneros seguientes:
Alepocephalus (Risso, 1820) Asquamiceps (Zugmayer, 1911) Aulastomatomorpha (Alcock, 1890) Bajacalifornia (Townsend e Nichols, 1925) Bathylaco Goode e Bean, 1896 Bathyprion (Marshall, 1966) Bathytroctes (Günther, 1878) Conocara (Goode e Bean, 1896) Einara (Parr, 1951) Herwigia Nielsen, 1972 Leptoderma (Vaillant, 1886) Microphotolepis (Sazonov e Parin, 1977) Mirognathus (Parr, 1951) Narcetes (Alcock, 1890) Photostylus (Beebe, 1933) Rinoctes (Parr, 1952) Rouleina (Jordan, 1923) Talismania (Goode e Bean, 1896) Xenodermichthys (Günther, 1878)
Notas
Véxase tamén
Categoría:Osmeriformes