A dos arxentínidos (Argentinidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos osmeriformes,Argentinidae Bonaparte, 1838 no WoRMS. e suborde dos arxentinoideos.Argentinidae no ITIS.

A familia comprende dous xéneros con vinte e cinco especies de pequenos peixes batipeláxicos, esveltos, de cor prateada e con grandes ollos, distribuídos polos océanos Atlántico, Índico e Pacífico.

Características As principais características dos membros da familia son:Bauchot, M. L. et al. (1982), p. 128.Muus, Bent J. et al. (1998), p. 96.Familia Argentinidae na FishBase. Corpo alongado, esvelto, e de cor prateada, con ollos grandes, non telescópicos. Dentes débiles, ou ausentes, en ambos os maxilares. Pero co vómer, o óso palatino (e frecuentemente a lingua), dentados. As escamas son grandes, caducas, e máis ou menos ctenoides. A aleta dorsal está situadas lixeiramente por diante das aletas pelvianas. A aleta dorsal ten de 10 a 14 raios; a anal, de 10 a 17; as torácicas, de 11 a 25, a as pelvianas, de 10 a 15. Entre a aleta dorsal e a cadudal (que é escotada), existe unha pequena aleta adiposa, sen raios. A columna vertebral está formada por de 43 a 70 vértebraa (aínda que moitas especies poden ter de 46 a 55). Os ovos e as larvas son peláxicos; os adultos, batipeláxicos.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1838 polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte, na súa obra Iconografia della fauna italica: per le quattro classi degli animali vertebrati. Tomo III. Pesci, editado en Roma.

Etimoloxía O nome científico da familia, Argentinidae, está formado segundo a norma sobre a base da raíz do seu xénero tipo, Argentina, coa adición do sufixo ´-idae, propia dos nomes das familias de animais, e tomada do latín clásico ´-idae, plural de ´-ides, sufixo patronímico masculino derivado do grego antigo -ιδαι -idai, plural de -ιδης -idēs, "de aspecto de", "semellante a", derivado de εἴδος eídos, "aspecto", "aparencia", "forma".

Xéneros A familia comprende tan só dous xéneros actualmente recoñecidos: Familia Argentinidae Bonaparte, 1846 Argentina Linnaeus, 1758 Glossanodon Guichenot, 1867

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bauchot, M. L. e Pras, A. (1982): Guía de los peces de mar de España y Europa. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0685-6. Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, W. N.; R. Fricke & R. van der Laan, eds. (2016): Catalog of Fishes: Genera, Species, References. (Ver en liña). Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World (4th ed.). Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-4712-5031-7. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N.; Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al. (Eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50. ISBN 2-85653-538-0, pp. 357–374.

Outros artigos Osmeriformes Arxentinoideos

Ligazóns externas Family Argentinidae Bonaparte 1838 en Fossilworks. Argentinidae Bonaparte, 1838 no WoRMS. Argentinidae no ITIS. Familia Argentinidae na FishBase. Argentinidae na ADW. Argentinidae na EOL. Argentinidae no NCBI.

Categoría:Osmeriformes