Paul Bruce Dickinson, nado o 7 de agosto de 1958 e coñecido profesionalmente como Bruce Dickinson, é un cantante, compositor, músico, piloto, autor e locutor inglés. É o cantante da banda de heavy metal Iron Maiden e é coñecido polo seu amplo rango vocal e a súa enerxética presenza no escenario.
Nado en Worksop, Nottinghamshire, Dickinson iniciou a súa carreira na música liderando pequenos grupos nos anos 70 mentres estudaba, primeiro en Sheffield e despois na universidade en Londres. En 1979 uniuse á banda de New wave of British heavy metal Samson, coa cal gañou algunha popularidade co nome artístico "Bruce Bruce" e apareceu en dous álbums de estudio. Deixou Samson en 1981 para unirse a Iron Maiden, substituíndo a Paul Di'Anno, estreándose no seu álbum de 1982 The Number of the Beast. Durante a súa primeira etapa co grupo, Iron Maiden publicou unha serie de álbums que chegaron a ser discos de platinou ou ouro tanto no Reino Unido como nos Estados Unidos nos anos 80.
Dickinson deixou Iron Maiden en 1993 (sendo substituído por Blaze Bayley) para facer carreira en solitario, experimentando con varios estilos do heavy metal e do rock. Regresaría á banda en 1999, xunto co guitarrista Adrian Smith, publicando posteriormente cinco álbums de estudio. Dende o seu regreso a Iron Maiden editaría un álbum máis en solitario en 2005, Tyranny of Souls. O seu curmán, Rob Dickinson, é o antigo cantante da banda de rock alternativo británica Catherine Wheel, mentres que o seu fillo, Austin, é o líder do grupo de metalcore Rise to Remain.
Á parte da súa carreira na música, Dickinson é ben coñecido pola súa ampla variedade de actividades. Entre elas destaca a súa carreira como piloto comercial en Astraeus Airlines, which led to a number of media-reported ventures such as captaining Iron Maiden's converted charter aeroplane, Ed Force One, during their world tours. Tras o cesamento de actividades de Astraeus fundou a súa propia empresa de mantemento de avións e adestramento de pilotos en 2012, Cardiff Aviation. Dickinson presentou o seu propio programa de radio na BBC Radio 6 Music dende 2002 ata 2010, e tamén presentou documentais de televisión, escribiu novelas e guións de cine, creou unha exitosa cervexa con Robinsons Brewery e competiu internacionalmente como esgrimista.
Traxectoria Primeiros anos Paul Bruce Dickinson naceu en Worksop, Nottinghamshire.Wall 2004, p. 198 A súa nai Sonia traballaba a tempo parcial nunha zapatería, e o seu pai Bruce era mecánico no exército.Shooman 2007, p. 11 O nacemento de Dickinson fixo que a parella, que naquel momento eran adolescentes, casase. Inicialmente foi educado polos seus avós; o seu avó traballaba na mina de carbón local e a súa avoa era ama de casa. Este feito aparece referido na súa canción "Born In '58" do álbum Tattooed Millionaire.Shooman 2007, p. 119
Dickinson comezou o colexio no Manton Primary de Worksop mentres os seus pais se mudaba a Sheffield. Pouco despois, cando tiña 6 anos, tamén marchou a Sheffield,Wall 2004, p. 200 a onde foi a un colexio de primaria en Manor Top.Wall 2004, p. 201 Despois de seis meses os pais decidiron matriculalo nun pequeno colexio privado chamado Sharrow Vale Junior. Debido aos constantes movementos, Dickinson dixo que ese período da súa vida ensinoulle a ser autosuficiente xa que era incapaz de facer amigos íntimos.Wall 2004, p. 202 Dickinson tivo unha irmá máis nova, a xinete profesional Helena Stormanns, que naceu en 1963.Shooman 2007, p. 12 Bruce tratou illarse dela o máximo posible cando era novo, supostamente resentido porque, a diferenza do seu, o embarazo e nacemento de Helena foi programado.Wall 2004, p. 203
A primeira experiencia musical de Dickinson foi bailando no salón dos seus avós co tema "The Twist" de Chubby Checker, cando aínda vivía con eles en Worksop.Wall 2004, p. 199 O primeiro disco que lembra ter foi o sinxelo de The Beatles "She Loves You", conseguindo que o seu avó llo mercase e que o fixo interesarse máis na música. Intentou tocar unha guitarra acústica que pertencía ao seu pai, pero se lle encheron os dedos de bochas.
Na época na que se mudou a Sheffield, os pais de Dickinson gañaban uns bos cartos mercando propiedades, restaurándoas e vendéndoas posteriormente. Como resultado, Dickinson pasou gran parte da súa infancia vivindo en lugares en construción, ata que os seus pais mercaron unha pensión nun garaxe en quebra onde o seu pai comezou a vender coches de segunda man. Os ingresos dos seus exitosos negocios déronlles a oportunidade de enviar a Dickinson, que entón tiña 13 anos, a un internado, elixindo Oundle, un colexio privado en Northamptonshire. Dickinson non se opuxo a afastarse da súa casa porque no construíra "ningún apego real" cos seus pais, ao ser criado polos seus avós ata os seis anos.
En Oundle, Dickinson foi acosado continuamente polos rapaces maiores de Sidney House, a pensión á que pertencía,Shooman 2007, p. 13 algo que el describiu "como unha tortura sistemática" e fixo que se convertese nun paria. Os seus intereses en Oundle eran frecuentementes militares; cofundou a sociedade de wargames do colexio xunto con Mike Jordan, e chegou a ter algún poder na forza de cadetes do centro, coa cal tivo a oportunidade de manexar munición real, que usou para crear trampas.Wall 2004, p. 204
Oundle foi onde Dickinson comezou a interesarse polo hard rock tras escoitar a canción de Deep Purple "Child in Time" tocada noutra habitción de estudantes. Como resultado, o primeiro álbum que mercou foi o In Rock de Deep Purple, que creou o seu interese na música rock.Wall 2004, p. 205 Despois de In Rock, Bruce mercaría o Black Sabbath, o Aqualung de Jethro Tull e o Tarkus de Emerson, Lake & Palmer. Cada semestre, unha banda podía tocar no colexio e a primeira delas que Dickinson viu chamábase Wild Turkey, que contaba co antigo baixista de Jethro Tull Glenn Cornick. Despois diso, viu a Van der Graaf Generator e a Arthur Brown.
Dickinson inicialmente quería tocar a batería, pero despois conseguiu un bongos da sala de ensaio.Wall 2004, p. 206 Bruce lembra tocar "Let It Be" co seu amigo Mike Jordan, momento durante o cal Dickinson descubriu a súa voz mentres animaba a Jordan a cantar as notas altas. Pouco despois Dickinson foi expulsado de Oundle por participar nunha broma onde mexara na cea do director.
Tras volver a casa en Sheffield en 1976, Dickinson matriulouse na King Edward VII School, onde se uniu á súa primeira banda.Wall 2004, p. 207 Escoitara a outros dous alumnos falar de que o seu grupo precisaba un cantante e ofreceuse inmediatamente. Ensaiaban no garaxe do pai do batería, e a banda quedou impresionada coa forma de cantar de Dickinson, animándoo a mercar o seu primeiro micrófono. O seu primeiro oncerto tivo lugar na Broadfield Tavern en Sheffield. Orixinalmente chamada "Paradox", a banda cambiou o seu nome despois de que Dickinson suxerise "Styx", inconsciente de que xa había un grupo estadounidense co mesmo nome.Wall 2004, p. 208 Apareceron nos xornais locais cando un traballador do aceiro foi despertado mentres tocaban e intentou esnaquizar a batería do grupo.Shooman 2007, p. 17 Pouco despois a banda separaríase.
Universidade Tras deixar a escola Dickinson confesou, "Non sabía realmente o que quería facer". A primeira cousa que fixo foi unirse á reserva do exército durante seis meses. Aínda que lle gustou o seu tempo na reserva, Dickinson decatouse de que non era unha opción de carreira, polo que solicitou matricularse no Queen Mary College de Londres para estudar Historia. Os seus pais queríano no exército, pero díxolles que el quería ter un grao primeiro, o que funcionou como a súa "historia de cobertura", e inmediatamente comezou a tocar en bandas.
Na universidade Dickinson participou co Comité de Entretementos: "un día eras roadie para The Jam, ao seguinte estabas poñendo un pano de fondo de Stonehenge para Hawkwind ou calquera cousa".Wall 2004, p. 209 En 1977 Dickinson coñeceu a Paul "Noddy" White, un multiinstrumentista que tiña algún equipo de son, e co cal Dickinson, xunto co batería Steve Jones, formaría unha banda chamada Speed. Segundo Dickinson, a banda chamouse así polo xeito no cal tocaban, e vez de como unha referencia á droga. En Speed Dickinson comezou a escribir o seu propio material despois de que White lle ensinase a tocar tres acordes coa guitarra.
Aínda que Speed realizaría varios concertos no pub Green Man en Plumstead, a banda non durou moito, aínda que animou a Dickinson a continuar traballando para converterse en músico. Dickinson viu un anuncio en Melody Maker que dicía: "Búscase cantante para proxecto de gravación" e respondeu inmediatamente. Gravou unha cinta demo e enviouna cunha nota que poñía: "Por certo, se credes que o canto é unha merda, hai algunhas cousas de John Cleese gravadas na outra cara que poderíades atopar divertidas". Aos membros do grupo gustoulles o que escoitaron e convidaron a Dickinson ao estudio para facer "Dracula", a primeira canción que gravou. A banda chamábase Shots e estaba formada por dous irmáns, Phil e Doug Siviter.Shooman 2007, p. 21 O tema apareceróa posteriormente no segundo disco do recompilatorio The Best of Bruce Dickinson. Os irmáns quedaron impresionados coas habilidades vocais de Dickinson e pedíronlle unirse ao seu grupo.Wall 2004, p. 210
Dickinson tocou en pubs con Shots regularmente para pequenas audiencias. Unha noite en particular, Dickinson parou de súpeto nunha canción e comezou a entrevistar a un home entre o público, dicíndolle que non prestaba a suficiente atención. Conseguiu unha resposta tan boa que comezou a facelo todas as noites ata que se converteu nunha rutina usada para captar a atención do público. Dickinson afirma que esa experiencia ensinoulle como ser un líder.
O seguinte paso na carreira de Dickinson déuse nun pub chamado Prince of Wales en Gravesend, Kent, onde Shots tocaba frecuentemente, cando Barry Graham ("Thunderstick") e Paul Samson fixeron unha visita.Shooman 2007, p. 33 Impresionados pola actuación falaron con Dickinson e convidárono a ser o seu novo cantante.Wall 2004, p. 211 Dickinson aceptou unirse á súa banda, Samson, pero só cando rematase os exames finais de Historia dúas semanas despois. Ata ese momento estivera descoidando os seus estudos, e como resultado a universidade intentara expulsalo por suspender os exames do segundo ano e non pagar as taxas de aloxamento, pero salvouse polo seu papel como Oficial de Entretementos. Despois de facer os traballos de todo o semestre en tan só 2 semanas e de estudar para os exames no último momento finalmente aprobaría.
Samson: 1979-1981 Despois de coñecer a Paul Samson e a Barry Purkis no Prince of Wales, e mentres aínda estaba faceno os seus exames finais, Dickinson uniuse no escenario a Samson en Bishop's Stortford para interpretar unha das súas cancións, "Rock Me Baby", cementando o seu papel como novo vocalista.Shooman 2007, p. 35
A banda xa publicara o seu álbum de estrea, Survivors, en 1979 a través dun selo independente, dous meses antes de que chegase Dickinson. Tras rematar os seus traballos na universidade reuniuse co grupo nos estudios Greenwich's Wood Wharf para aprenderse o álbum.Shooman 2007, p. 36 Aínda que os temas non encaixaban co seu estilo vocal,Shooman 2007, p. 40 a banda compuxo rapidamente a meirande parte os temas do seu seguinte traballo, Head On, nas primeiras sesións de ensaio,Shooman 2007, p. 38 algúns dos cales foron inmediatamente incorporados á listaxe de cancións dos seus concertos.
Foi durante eses primeiros ensaios cando xurdiu o alcume "Bruce Bruce", derivado do "Bruces sketch" dos Monty Python. O nome volveuse moi fastidioso cando o representante da banda comezou a enviar continuamente dubidosos cheques a nome de "Bruce Bruce" como broma.Wall 2004, p. 213 Dickinson posteriormente comentou que non lle gustaba pero considerábao unha "especie de nome artístico" e aceptouno.