Pran Krishan Sikand, nado en Nova Deli (India) o 12 de febreiro de 1920, e finado en Bombai o 12 de xullo de 2013, máis coñecido como Pran, era un actor indio galardoado con múltiples premios Filmfare e BFJA, sendo un dos máis recoñecibles malvados no cine hindi dende a década de 1940 até a década de 1990. Actuou como heroe dende 1940 até 47 e como malvado dende 1942 a 1991 e fixo papeis secundarios entre 1948 e 2007.
Nunha longa e prolífica carreira apareceu en máis de 350 filmes. Fixo o papel protagonista en Khandaan (1942), Pilpili Saheb (1954) e Halaku (1956). Os seus papeis en filmes como Madhumati (1958), Jis Desh Men Ganga Behti Hai (1960), Upkar (1967), Shaheed (1965), Purab Aur Paschim (1970), Ram Aur Shyam(1967), Aansoo Ban Gaye Phool (1969), Johny Mera Naam (1970), Victoria No. 203 (1972), Be-Imaan (1972), Zanjeer (1973), Don (1978), Amar Akbar Anthony (1977) e Duniya (1984) son consideradas as súas mellores interpretacións.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Nados en 1920 Categoría:Nados en Delhi Categoría:Actores de cinema da India Categoría:Finados en 2013