miniatura|Sinais de seguranza de tráfico en Kin, Okinawa, escrito en xaponés (centro) e lingua okinawana (esquerdo e dereita).

As  son as linguas indíxenas das illas Ryukyu faladas polo pobo ryukyu, que se atopan na zona máis meridional do arquipélago xaponés. Xunto coa lingua xaponesa e a hachijō, conforman a familia das linguas xapónicas. Malia que as linguas ryukyuanas foron consideradas dialectos do xaponés, non son mutuamente intelixibles co xaponés ou mesmo entre elas. Non se coñece cantos falantes hai destas linguas, mais a substitución cara ó uso do xaponés estándar e dialectos como o xaponés de Okinawa fixeron que estas linguas estean en perigo; a UNESCO identifica catro destas linguas "definitivamente en perigo", e dúas outras "gravemente en perigo".

Resumo A nivel fonolóxico, as linguas ryukyuanas teñen algunhas características infrecuentes. As variedades do sur contan con varias consoantes silábicas, entres as que se atopan fricativas silábicas xordas (v.g., /kss/ [ks:], "peito", na lingua miyako). Son comúns as consoantes glotais (como /ʔma/ [ʔma], "cabalo", na lingua amami). Algunhas linguas ryukyuanas teñen vogais fonémicas centrais (/kɨɨ/, "árbore", tamén en amami). Do mesmo xeito ca o xaponés estándar e a meirande parte dos dialectos nipóns, moitas das linguas ryukyuanas posúen un acento tonal contrastivo.

En xeral, as linguas ryukyuanas teñen unha estrutura SOV, ao igual que o xaponés.

Clasificación e variedades As linguas ryukyuanas pertencen á familia lingüística xapónica e están relacionadas coa lingua xaponesa. As linguas ryukyuanas non son mutuamente intelixibles co xaponés, e de feito, non son mutuamente intelixibles entre elas, polo que poden ser consideradas linguas diferentes. Porén, por razóns sociopolíticas e ideolóxicas, teñen sido clasificadas como dialectos do xaponés.

A lingua okinawana é tan só un 71% semellante no léxico ó xaponés de Toquio. Mesmo o máis meridional dos dialectos xaponeses (o dialecto Kagoshima) ten só un 72% de semellanza coa máis setentrional das linguas ryukyuanas, a lingua amami. Porén, o dialecto Kagoshima do xaponés é un 80% semellante lexicamente ó xaponés estándar.沖縄語辞典 (Dicionario okinawano). "前書き" (Prefacio). 国立国語研究所 1998

A partir da década de 1890, o goberno xaponés comezou a oprimir as linguas ryukyuanas como parte da súa política de asimilación forzada das illas. Dende o comezo da segunda guerra mundial, a meirande parte dos xaponeses consideran as linguas ryukyuanas como un dialecto ou grupo de dialectos do xaponés. Durante a segunda guerra mundial, nun esforzo por facer conciencia na xente como suxeitos do Imperio do Xapón, non só o grupo ryukyuano, senón tamén o coreano, o palauano e outras linguas foron chamadas "dialectos" do xaponés.

Existe un acordo xeneralizado entre os estudosos de que as variedades ryukyuanas poden ser divididas en seis linguas, conservadoramente,言語学大辞典セレクション:日本列島の言語 (Selection from the Encyclopædia of Linguistics: The Languages of the Japanese Archipelago). "琉球列島の言語" (The Languages of the Ryukyu Islands). 三省堂 1997 sendo os dialectos de cada illa ás veces considerados tamén propiamente linguas.

LinguaNome localDistribución xeográficaDialecto estándarISO 639-3KikaiShimayumita ()KikaijimaN/AkzgAmami Amami Ōshima e illas menores achegadasNazeams, rynTokunoshima TokunoshimaTokunoshimatknOkinoerabu OkinoerabujimaN/AoknYoron YoronjimaYoronyoxKunigami Norte da illa de Okinawa (rexión de Yanbaru), e illas menores achegadasNagoxugOkinawano Centro e sur da illa de Okinawa e illas menores achegadasTradicionalmente Shuri, moderna NaharyuMiyako illas MiyakoHiraramviYaeyama illas Yaeyama (agás Yonaguni)IshigakirysYonaguni Illa de YonaguniYonaguniyoi

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lingua okinawana Bibliografía Sanseido (1997). 言語学大辞典セレクション:日本列島の言語 (Selection from the Encyclopædia of Linguistics: The Languages of the Japanese Archipelago). "琉球列島の言語" (The Languages of the Ryukyu Islands). Ashworth, D. E. (1975). A generative study of the inflectional morphophonemics of the Shuri dialect of Ryukyuan. Thesis (Ph. D.)—Cornell University, 1973. Heinrich, Patrick (2004): Language Planning and Language Ideology in the Ryūkyū Islands, in: Language Policy 3.2, (2004): 153-179. Heinrich, Patrick, Shinsho Miyara, Michinori Shimoji, eds. 2014. Handbook of the Ryukyuan Languages. Berlin: de Gruyter. Serafim, L. A. (1985). Shodon: the prehistory of a Northern Ryukyuan dialect of Japanese. [S.l: s.n. Shimabukuro, Moriyo. 2007. The accentual history of the Japanese and Ryukyuan languages: a reconstruction. Languages of Asia series, v. 2. Folkestone, Kent: Global Oriental. ISBN 978-1-901903-63-8 Uemura, Yukio, e Wayne P. Lawrence. 2003. The Ryukyuan language. Endangered Languages of the Pacific Rim (Series), A4-018. Osaka, Xapón: ELPR.

Categoría:Linguas do Xapón Categoría:Illas Ryukyu