Xosé Bonaparte, coñecido tamén como Xosé I Bonaparte ou Xosé Napoleón I, nado o 7 de xaneiro de 1768 en Corte (Córsega, daquela na República de Xénova) e finado o 28 de xullo de 1844 en Florencia (Gran Ducado de Toscana), foi un político, diplomático e avogado francés, irmán máis vello de Napoleón Bonaparte, deputado por Córsega no Consello dos Cincocentos (1797-1799) e secretario do mesmo, e novamente no Corpo Lexislativo (1799-1800), ministro plenipotenciario e membro do Consello de Estado (1800-1804), Príncipe e Gran Elector do Primeiro Imperio Francés (1804-1806), rei de Nápoles e Siclia entre o 30 de marzo de 1806 e o 5 de xullo de 1808 co nome de Xosé I e rei de España e das Indias entre o 6 de xuño de 1808 e o 11 de decembro de 1813 co nome de Xosé I, e tenente xeneral do Imperio francés (1814).

En España, a súa proclamación como monarca foi precipitada polo incremento da violencia que seguiu ao episodio do Levantamento do 2 de maio e culminou nun período de convulsións e intrigas políticas instigadas pola estratexia do emperador Napoleón I para obter a abdicación do trono da dinastía reinante de Carlos IV de España asegurando a influencia e a primacía do Primeiro Imperio Francés e incrementando a dependencia española para cos intereses políticos, económicos e militares bonapartistas, en detrimento das súas nacións inimigas, principalmente Portugal e Gran Bretaña. Porén, lonxe de obter unha lexitimación ante a maioría da opinión pública e de frear a dinámica do enfrontamento armado, esta proclamación foi rexeitada polos órganos de poder autóctonos como o Consello de Castela e a Xunta Suprema Central e, máis adiante, polas Cortes reunidas en Cádiz, decidindo a xeneralización do conflito da guerra da Independencia española. Neste contexto, o goberno de Xosé I Bonaparte, que debía distinguirse polo seu carácter reformista xurdido da Carta de Baiona, só puido exercerse nas zonas baixo o control militar do Exército imperial e, aínda que a maior parte das súas accións non puideron concretarse ante a continua hostilidade, ou foron derrogadas durante o reinado de Fernando VII de España, outras perduraron, como as melloras do urbanismo en varias cidades.

Xosé Bonaparte fundou a Gran Loxa Nacional de España e foi Gran Mestre do Grande Oriente de Francia,Masonería e Ilustración: Del siglo de las luces a la actualidad páx.61.Los altos grados de la masonería pp. 170-171.La Masonería española vista desde Italia e do Grande Oriente de Italia..

Foi distinguido coa Grande Aguia da Lexión de Honor.Napoleón y la locura española, p.86.

En España foi alcumado despectivamente como Pepe Botella e Pepe Plazuelas.

Primeiros anos miniatura|230px|esquerda|Retrato de Xosé, por Wicar.

Xosé Bonaparte naceu en Corte, na illa de Córsega, o 7 de xaneiro de 1768, sendo bautizado co nome de Giuseppe Napoleone Buonaparte.

Era fillo de Carlo Buonaparte e María Letizia Ramolino e irmán máis vello do futuro emperador Napoleón Bonaparte. Estudou leis en Pisa (Italia).

Xosé Bonaparte coñeceu á que sería a súa esposa, Xulia Clary, grazas á princesa Desideria, irmá máis nova de Xulia. Desideria era a noiva do futuro emperador, chegando incluso a comprometerse en 1795, pero coa que Napoleón rompeu o compromiso para casar con Xosefina de Beauharnais.Julia Clary, la Reina de España más desconocida en tuotrodiario.hola.com .

Xulia e Xosé casaron o 1 de agosto de 1794 na localidade de Cuges-les-Pins, no departamento de Bocas do Ródano.Lindwall, Lilly (1919): Desideria. Bernadotternas anmoder. Stockholm. Åhlén och Åkerlunds Förlag.

Tras o casamento a parella instalouse en Xénova, onde Xosé Bonaparte, xurista de profesión, traballou como avogado. A súa vida tranquila en Italia, que tanto agradaba a Xulia, sería breve, xa que Napoleón se apoiaría no seu irmán para a realización das súas ambicións políticas. Durante as Guerras napoleónicas a responsabilidade de Xosé Bonaparte acrecentouse. En 1796 tomou parte na campaña de Napoleón en Italia. Ao ano seguinte, durante a Primeira República francesa, actuou como diplomático, primeiro na corte de Parma e despois en Roma.Almén (1893), p. 79. Foi membro do Consello dos Cincocentos, o órgano lexislativo inferior na época do Directorio, en 1798.

Mentres que a carreira política de Xosé alcanzaba cotas cada vez máis altas, Xulia esforzábase en crear unha familia afastada do poder e da política internacional. En 1796 nacería a primeira filla do matrimonio, Xulia, que falecería aos poucos meses do parto. Cinco anos despois, en 1801, naceu a súa segunda filla, Zenaida, que chegaría a ser infanta de España e incluso, segundo algúns historiadores, princesa de Asturias, ao ser a filla máis vella dos reis. En 1802 Xulia Clary daría a luz a súa terceira e última filla, Carlota, que chegaría a ser, aínda que por pouco tempo, raíña de Holanda, xa que casou co seu primo o príncipe Napoleón Lois Bonaparte, fillo de Lois Bonaparte.

miniatura|200px|esquerda|A coroación de Napoleón.

Xulia era, segundo parece, moi capaz de comportarse de acordo coa etiqueta da corte, pero prefería vivir unha vida privada rodeada da súa familia no seu castelo de Mortefontaine, no departamento de Oise (que comprara en 1800), afastada da corte, así como do seu adúltero cónxuxe.

En 1804, cando se proclamou emperador, fixo ao seu irmán Xosé Príncipe Imperial, polo que Xulia foi Princesa Imperial. Durante a coroación do emperador, Xulia foi encargada, coas súas cuñadas, de termar da cola da emperatriz Xosefina.Mansel, Philip (2015).

Durante as Guerras Napoleónicas actuou como enviado do seu irmán e firmou tratados cos Estados Unidos, Austria, Gran Bretaña e os Estados Pontificios. Desde 1806 até 1808, Xosé Bonaparte gobernou o reino de Nápoles por nomeamento do seu irmán.

Reinado en Nápoles Napoleón nomeou a Xosé en 1806 rei de Nápoles (reino daquela denominado de Nápoles e Sicilia), función que desempeñaría durante dous anos, Xulia prefiriu permanecer separada do rei, xaque prefería vivir unha vida privada rodeada da súa familia no seu castelo de Mortefontaine, no departamento de Oise (que comprara en 1800), afastada da corte, así como do seu adúltero cónxuxe, aínda que cerimoniosamente foi tratada como raíña na corte imperial de París.

Finalmente a raíña reuniuse con Xosé en Nápoles antes de abril de 1808, cando foi enviada alí por Napoleón para que o apoiase, xa que nese momento Xosé enfrontánase a unha rebelión. Cando abandonaron o reino, os napolitanos estaban convencidos de que levaran con eles moitos obxectos de valor e comentaban: "o rei chegou como un soberano e saíu como un bandido. A raíña chegou vestida con farrapos e saíu como unha soberana".

Pese a que sempre se afirmou que a razón das reticencias da raíña a viaxar a Nápoles se debía ao seu mal estado de saúde, actualmente crese que á raíña Xulia lle chegaran rumores da existencia dunha amante do seu marido. Sexa como for, a estancia en Nápoles sería breve, xa que aos poucos meses Xosé Bonaparte sería nomeado por Napoleón rei de España.

Reinado en España Nomeamento e primeiras medidas de goberno

250px|miniatura|José Bonaparte como Rey de España, por François Gérard (c. 1808). Tras as abdicacións de Baiona os dereitos sobre a corona española recaeeron sobre o emperador, quen, o 6 de xuño publicou o decreto de nomeamento do seu irmáno maior como rei de España e das Indias.

Porén, o reinado efectivo de Xosé I, premier et dernier ("primeiro e último") como o chamou nas sus Mémoires o zeneral Thiébault, comezou o 7 de xullo de 1808, despois de xurar a nova Constitución e de recibir, acto seguido, o xuramento de fidelidade dos compoñentes da Xunta Española de Baiona.

A súa chegada a Madrid ocorreu en plena guerra da Independencia española, tras a sublevanción popular do 2 de maio contra as tropas napoleónicas, coñecida como o levantamento do 2 de maio.

Promulgou a Constitución de Baiona nun intento de gañar o apoio dos ilustrados españois (os chamados afrancesados), sen lograr facer triunfar o programa reformista do seu goberno. O feito de que fose imposto polo invasor, así como as súas medidas liberais e ilustradas, toparon coa hostilidade popular e alleáronlle o apoio do pobo español, incluso de moitos dos propios ilustrados.

miniatura|170px|esquerda|Moeda de ouro de 80 reais acuñada en 1812 durante o reinado de Xosé I.

En 1808 creou o Ministerio de Policía, antecedente histórico do actual Ministerio do Interior de España. Tamén publicou (decembro de 1809) o anuncio da fundación dun museo de Belas Artes, baixo a denominación de Museo Xosefino. A súa pretensión era equiparar Madrid a outras capitais europeas que xa contaban con museos reais abertos ao público. Por outro lado, con dita institución pretendía reter as obras de arte que o seu irmán Napoleón e certos militares franceses estaban levando a Francia.

O museo como tal non chegou a fundarse; sería o seu sucesor no trono español, Fernando VII, quen abordou a súa creación, inaugurándoo en 1819, como Museo do Prado.

miniatura|150px|Monograma de Xosé I.

Durante o seu reinado coñeceuse polo alcume despectivo de Pepe Botella, en referencia a un suposto alcoholismo, que parece seguro que non era certo.

O pobo de Madrid tamén o alcumou como Pepe plazuelas, xa que abriu moitas prazas na capital, principalmente derribando igrexas e conventos. A máis importante foi a plaza de Oriente, diante do Palacio Real.

Derrota Xosé tivo que fuxir ante a derrota das tropas francesas na batalla de Bailén. A intervención do propio emperador Bonaparte, xunto co groso do seu exército, conseguiu que puidera establecer o seu goberno na capital. Pero a situación en España chegou a ser insostíbel. Finalmente, en 1813, tras a derrota na batalla de Arapiles, o 22 de xullo de 1812, Xosé abandonou Madrid para fuxir a Francia. Ao seu paso por Vitoria, foi alcanzado polas tropas do duque de Wellington que derrotaron ao seu exército. Saíu definitivamente de España o 13 de xuño de 1813 sen o seu valioso "equipaxe", que consistía nas xoias da coroa española e obras de arte, para refuxiarse en Francia, onde permaneceu até a caída de Napoleón. A derrota de Arapiles forzou a Napoleón a devolver a coroa do país a Fernando VII, mediante o tratado de Valençay, finalizando así a guerra da Independencia española.Pérez Galdós, Benito (1976): El equipaje del rey José. Episodios Nacionales, 1ª serie, nº 11. Madrid: Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-5011-0. (Primeira edición, 1875).Seis años bajo dominio francés en elcorreo.com .Tucker, Spencer C. (2009): A Global Chronology of Conflict: From the Ancient World to the Modern Middle East. Santa Bárbara: ABC-CLIO, pp. 1097. ISBN 978-1-8510-9672-5.Vego, Milan N. (2009): Joint Operational Warfare: Theory and Practice. Government Printing Office, pp. 40 (parte V). ISBN 978-1-8847-3362-8.

Vida privada miniatura|250px|Caricatura alusiva ao alcume de Pepe Botella. Abaixo pódese apreciar: Cada qual tiene su suerte, la tuya es de borracho hasta la muerte.

Durante a súa primeira fuxida da capital volve a encontrarse en Vitoria con María del Pilar Acedo y Sarriá, condesa del Vado e de Echauz, esposa do marqués de Montehermoso, Ortuño Aguirre del Corral, un nobre afrancesado que formou parte dos deputados que aprobaron a constitución de Baiona. Xosé fai ao marqués Grande de España, xentilhome de cámara e lle outorga a Real Orde de España. Ademais cómpralle por 300.000 reais o Palacio de Montehermoso en Vitoria, que converte no seu momentáneo Palacio Real.

Ambos acompáñano na súa viaxe a París en 1811 para o bautizo de Napoleón II de Francia, pero Ortuño falece en París. María del Pilar permanecerá ao lado de Xosé até a súa fuxida definitiva Francia onde, perdido o trono, perdido o interese.