A praia de l'Almadrava é unha praia do concello de Benicàssim, na provincia de Castelló. O seu nome fai referencia á almadraba (almadrava en valenciano), aparato utilizado para a pesca de atún que abundaba na zona.

É unha prolongación da praia de Voramar coa que limita polo norte e continúa tamén cara ao sur, onde se atopa a praia da Torre de Sant Vicent. Están separadas entre si por uns espigóns que reducen o impacto das ondas. Ten uns 600 metros de lonxitude por uns 60 metros de largo.

Conta cun paseo marítimo que percorre as diferentes praias do fronte marítimo de Benicàssim. Atópase nunha contorna fortemente urbanizada e ten acceso dende a rúa. Ten o distintivo de bandeira azul.

Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre a praia na web de turismo de Castelló

Almadrava