El Ribagorzano é o título dun xornal histórico de Aragón fundado polo xornalista Marcelino Gambón en Graus (Ribagorza) en setembro de 1904. O xornal rematou pechando en setembro de 1924 cun número especial sobre a súa fundación e vinte anos de existenciaEl Ribagorzano en El Periódico del Alto Aragón , consultado o 24 de setembro de 2015. . Dende entón, foi refundado en tres ocasións e foi mudando o seu ideario, até a súa edición actual a cargo da Asociación Lliga Ribagorzana dende 1997.

Pensado orixinalmente para que tivese ámbito local e periodicidade anual, publicouse en setembro cadrando coas Festas patronais de Graus, polo que o primeiro número tivo unha repercusión moito máis grande da agardada xa que caeu nas mans de Joaquín Costa. A Costa agradoulle moito porque cadraba coas súas ideas, e empregou a súa influencia para darlle un pulo ó xornal, que acabou tendo unha periodicidade quincenal e a súa distribución ampliouse a toda a provincia.

Notas

Categoría:Xornais de Aragón Categoría:Xornais en lingua castelá