José Javier Santos Rubio, tamén coñecido como J. J. Santos, nado en Madrid o 29 de xullo de 1960, é un xornalista deportivo español. É, dende 2006, o subdirector de informativos para a área de deportes da cadea de televisión Telecinco, onde exerce tamén como narrador de partidos e presentador da sección de deportes do respectivo telexornal.

Traxectoria

Os seus inicios profesionais remóntanse a 1978, cando se incorpora a Radio España de Madrid. Durante anos, dirixiu o espazo El Deportivo nas madrugadas da emisora até fichar en 1991 por Onda Cero, onde se fai cargo de El Penalti. En Telecinco conduciu o espazo deportivo Futbolísimo en 1991 xunto a Andrés Aberasturi.

En 1987 recibiu a Antena de Ouro.

En 1994, o entón director de informativos da cadea, Luís Mariñas, decide incorporalo á sección deportiva do informativo que conducía José Ribagorda. Ademais narrou o Giro de Italia.

En 1997 produciuse a súa fichaxe, xunto coa de Ribagorda, por Televisión española, e durante os seguintes tres anos fíxose cargo da sección de deportes no Telediario.

Pasa nese momento, no ano 2000, a centrar a súa actividade no diario As.

Posteriormente, en 2002, marchou a Antena 3 como presentador da sección deportiva na segunda edición do informativo Antena 3 Noticias, xunto con Matías Prats, ademais de asumir a dirección de deportes da cadea.

Coincidindo co seu paso por Antena 3, e entre 2004 e 2006, conduciu o espazo deportivo Al primer toque na emisora Onda Cero, labor no que substituíu a Manu Carreño.

Finalmente, en 2006 Pedro Piqueras faise coas rendas das noticias en Telecinco e Jota Santos de novo conduce a sección de deportes dos Informativos de Telecinco, tras o abandono de Juan Antonio Villanueva.

Con Telecinco en 2010 retransmitiu algúns partidos do Mundial de Suráfrica.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas JJ Santos: “Cando un é xornalista por vocación, naces e morres xornalista”, .

Categoría:Xornalistas radiofónicos de España Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Madrid Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Presentadores de televisión da Comunidade de Madrid