David Judah Simon, nado o 9 de febreiro de 1960, é un escritor, xornalista, guionista e produtor estadounidense de series de televisión. Traballou coma xornalista durante vinte anos para o xornal The Baltimore Sun.

É o creador da serie da HBO, The Wire, na que participou como produtor executivo e guionista durante as cinco tempadas. Foi un dos encargados de adaptar o libro de non ficción Generation Kill, de Evan Wright, nunha miniserie que se estreou en 2008 tamén na HBO.

Xunto con Eric Overmyer, é o creador da serie Treme, que en decembro de 2013 rematou coa súa cuarta tempada. Posteriormente escribiu, xunto co xornalista William F. Zorzi, a miniserie Show Me a Hero, tamén para a HBO.

Filmografía Como produtor miniatura|300px|Simon nunha conferencia en Nova Orleáns Ano Obra Rol Notas2015Show Me a Hero Produtor executivo2013TremeProdutor executivoTempada 42012Tempada 32011Tempada 22010Tempada 12008Generation KillProdutor executivoThe WireProdutor executivoTempada 52006Tempada 42004Tempada 32003Tempada 22002Tempada 12000The CornerProdutor executivo1999Homicide: Life on the StreetProdutorTempada 71998Tempada 61997EditorTempada 51996

Como guionista

Categoría:Nados en 1960 Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Washington, D.C.