miniatura|Diversos tipos de desaparafusadores.|255x255px miniatura|257x257px|Típico desaparafusador. Un desaparafusador é unha ferramenta que se utiliza para apertar e afrouxar parafusos e outros elementos de máquinas que requiren pouca forza de apertado e que xeralmente son de diámetro pequeno.
Historia miniatura|Desaparafusador eléctrico con batería.|235x235px Os desaparafusadores documentados máis antigos foron utilizados en Europa na Idade Media. Foron inventados no século XV, en Alemaña ou Francia. Os nomes orixinais da ferramenta en alemán e francés foron schraubendreher e tournevis, respectivamente. A primeira documentación coñecida da ferramenta atópase no Housebook of Wolfegg Castle, un manuscrito medieval escrito entre 1475 e 1490.
Desaparafusador de estrela En 1933, Oregonian J.P. Thompson inventou un "parafuso encaixado cruciforme", pero non atopou promotores para a súa proposta. A súa invención languideceu ata que o enxeñeiro Henry Phillips, a quen lle gustou a idea, comprou os dereitos de patente para o deseño de Thompson.ehowenespanol Phillips recoñeceu as vantaxes da forma de cruz ou estrela encaixada da cabeza do parafuso: o desaparafusador encaixaba na cabeza destes parafusos mellor que cun desaparafusador de cabeza plana e un parafuso rañurado; tamén permitía máis forza de torsión con menos esforzo. Desaparafusador eléctrico O desaparafusador eléctrico está provisto dun motor, que pode estar no interior do mango. A punta do desaparafusador adoita ser intercambiable e levar accesorios para empregalo con porcas. Estes desaparafusadores diminúen o tempo de traballo e poden previr lesións no pulso.
Compoñentes miniatura|Tipos de rañura.|207x207px Un desaparafusador consta normalmente de tres partes ben diferenciadas: Mango: elemento por onde se suxeita, é dun material illante e de forma adecuada para transmitir forza de torsión, ademais de ergonómica para facilitar o seu uso e aumentar a comodidade. Cana: barra de metal que une a punta co mango. Pode dispor dun aloxamento onde se colocan puntas intercambiables ou ter a punta forxada e endurecida na mesma peza. Frecuentemente son de aceiro para ferramentas, con cromo, vanadio e ás veces tamén molibdeno. O seu diámetro e lonxitude varía en función do tipo de desaparafusador. Punta: é a parte que se introduce no parafuso. Dependendo do tipo de parafuso usarase un tipo diferente de cabeza, o cal varía acorde á necesidade. Hai innumerables tipos de cabezas de desaparafusador e todas cun mesmo propósito. Algúns dos tipos de puntas máis frecuentes son: plana ou de pa, de estrela de catro puntas, de estrías ou de cruz (Phillips e Pozzidriv) e de estrela de seis puntas (Torx), ademais das hexagonais ocas (chave de vaso) ou macizas (chave Allen) ou cadradas.
Desaparafusadores especiais miniatura|Desaparafusador buscapolos.|193x193px Os desaparafusadores de precisión son de reducido tamaño e teñen no extremo do mango un plano xiratorio para facilitar o seu manexo cunha soa man. Son empregados en actividades tales como a reloxaría ou outras que requiren traballar con parafusos pequenos como poden ser a electrónica ou o mantemento xeral dos equipos.
Un buscapolos é un desaparafusador cunha lámpada de alta reactancia integrada no seu mango para comprobar que un condutor está conectado a unha fase da rede de corrente alterna.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Parafuso Bricolaxe Tesoira Papel de lixa Vasoira Escada Bigornia Ferro de pasar Retrete Cortacéspede
Categoría:Ferramentas