A Insua dos Poetas é un parque situado en Esgueva (Madarnás, O Carballiño), a carón do río Pedriña.
O espazo acolle esculturas adicadas a poetas da literatura galega. Está xestionado pola Fundación Insua dos Poetas, que preside Luís González Tosar.
Fundación Insua dos Poetas A historia da Insua dos Poetas comeza en 2007 como un espazo cultural dedicado á promoción da arte e a cultura galega. En 2009 créase a Fundación Insua dos Poetas, unha entidade pública comprometida co diálogo entre a natureza, a literatura e as artes plásticas.
O proxecto céntrase na defensa do medio ambiente, a preservación e promoción da lingua e cultura de Galicia e o apoio ás distintas expresións artísticas.
Cada ano organiza actividades fixas como o Día das Letras Galegas, a Festa da Palabra, o Día da Árbore, Día da Auga, Día da Terra, Día do Libro e o Día da Poesía.
En 2026 conta no parque con 19 instalacións artísticas -incluídas a escultura da musa da poesía, Calíope, e a Fonte das Sete Palabras-, que honran a Xosé María Díaz Castro, Celso Emilio Ferreiro, os poetas do Rexurdimento (Rosalía, Curros e Pondal), Eduardo Blanco-Amor, Francisco Luís Bernárdez, Pura e Dora Vázquez, Carlos Casares, Víctor Campio Pereira, Antón Tovar, Brais Pinto, Arcadio López Casanova, Xosé Luís Méndez Ferrín, Castelao, Fernan Paáez de Tamalancos, Xela Arias, Álvaro Cunqueiro e Fedreico García Lorca.
Ademais conta con dúas galerías de retratos na Insua:
Galería de retratos da Xeración Nós: Ramón Cabanillas por Diego As, Castelao por Lidia Cao e Vicente Risco por Mon Devane, Antón Losada Diéguez por Poli Otero e Ramón Otero Pedrayo por Iria Prol. Galería de retratos de poetas do Rexurdimento: Rosalía de Castro por Yoseba MP, Manuel Curros Enríquez por Raquel Germade Rei, Eduardo Pondal por Nove-Noel e Valentín Lamas Carvajal por Belioré.
A Fundación tamén promove concertos na Insua: Milladoiro, Sés, Xisco Feijoo, Luar na Lubre, A banda da Loba...
A Festa da Palabra É o acto anual máis importante do ano organizado pola Fundación Insua dos Poetas. Celébrase desde 2009 cando fixeron fillo adoptivo do Irixo a Luís González Tosar. Réndese homenaxe a un/unha escritor/a, inaugúrase unha escultura de homenaxe e faise entrega dos Premios Insua dos Poetas. Hai actuacións musicais e poéticas en honor ao/á homenaxeado/a. Remátase cun xantar comunitario na Insua.
2009, I Festa da Palabra: Recoñecemento a Luís González Tosar Celebrouse o 5 de xullo e serviu para honrar o poeta e presidente da fundación, Luís González Tosar, pola iniciativa de ceder a chousa familiar para convertela nun parque escultórico e literario.
2010, II Festa da Palabra: Homenaxe a Arturo Baltar Foi o 10 de xullo de 2010 cunha homenaxe colectiva á traxectoria artística e creativa do escultor ourensán Arturo Baltar. Antón Lamazares, Ánxeles Cuña, Víctor Campio ou Méndez Ferrín falaron sobre o escultor. Celebrouse un xantar de irmandade.
2011, III Festa da Palabra: Homenaxe a Xosé María Díaz Castro Celebrouse o 9 de xullo de 2011.
Primeiros Premios Setestrelo:
Xesús Alonso Montero: escritor, catedrático e ensaísta. Antón Lamazares: pintor e artista. Manuel Gallego Jorreto: arquitecto. Instituto de Estudios Carballiñeses: Institución cultural da comarca do Carballiño. Diario Galicia Hoxe: xornal en galego. Arturo González Gil: Intelectual e colaborador de iniciativas culturais. Arximiro Marnotes Rodríguez: dinamizador social e cultural da zona.
Inaugurouse a primeira escultura, obra do escultor Xosé Cid, símbolo da esencia poética de Nimbos de Díaz Castro, no cincuenta aniversario do libro.
Os premiados recibiron unha peza de Acisclo Manzano.
2011, IV Festa da Palabra: Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro Foi o 28 de xullo de 2012, no centenario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro e os 50 anos da publicación do seu libro Longa noite de pedra.
O escultor Manuel Penín creou unha obra inspirada no ‘Irmaus’, do que figuran inscritos os primeiros versos.
Pemios Setecarballas:
Literatura: Víctor Campio. Artes plásticas: Alfonso Sucasas, a título póstumo. Medio ambiente: Antonio González, párroco do Irixo. Acción social: Asociación Ourensá de Hemofilia. Emigración: Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires. Comunicación: xornal gratuíto De Luns a Venres. Cooperativismo: Grupo Coren.
2013, V Festa da Palabra: Homenaxe aos Poetas do Rexurdimento. O 20 de xullo de 2013 homenaxeouse a Rosalía, Curros e Pondal, con motivo da celebración do 150 aniversario da publicación de Cantares gallegos. A peza escultórica foi obra de Pedro José Rodríguez Álvarez.
Premios Setecarballas:
Iniciativa Cultural: Fundación Premios da Crítica de Galicia. Arte e Natureza: Antón Sobral. Medio Ambiente: Asociación Ridimoas. Cultura Galega na Emigración: Instituto Santiago Apóstolo de Buenos Aires. Compromiso Empresarial: Aceites Abril. Acción Social: Asociación Antidroga Renacer de Ribeira. Medio de Comunicación: Sección de Cultura do xornal La Voz de Galicia
2014, VI Festa da Palabra: Homenaxe a Eduardo Blanco Amor O 12 de xullo de 2014 os artistas Acisclo Manzano e c descubriron un onxunto escultórico na honra do autor de A esmorga.
Premios Setecarballas: Carballa das Letras: Fundación Curros Enríquez. Carballa das Artes: Nicolás González Aller. Carballa da Natureza: Equal Sociedade Cooperativa galega. Carballa da Cultura Galega na Emigración: Asociación Terzo da Fala de Buenos Aires. Carballa do Compromiso Empresarial: Adega Cooperativa do Ribeiro Carballa de Acción Social: Asociación de Discapacitados Físicos do Carballiño Carballa de Comunicación: xornal La Región
2015, VII Festa da Palabra: Homenaxe a Francisco Luís Bernárdez Foi o 18 de xullo de 2015, rendeuse homenaxe ao escritor e poeta Francisco Luís Bernárdez, destacando os lazos culturais históricos que unen a Galicia con Arxentina. Inaugurouse a composición escultórica de Luís González Tosar e Mon Devane e a Fonte das Sete Palabras.
Premios Insua dos Poetas:
Letras: Manuel Rivas. Cultura galega na emigración: Francisco Lores Mascato, presidente da Federación de Sociedades Gallegas da República Arxentina. Arte e Medio Ambiente: Grupo Ecoloxista Outeiro. Compromiso Económico e Social: Grupo Gadisa. Comunicación e Difusión Cultural: xornal Faro de Vigo.
2016, VIII Festa da Palabra: Homenaxe a Pura e Dora Vázquez Foi o 16 de xullo de 2016 e desvelouse a obra en pedra “O lapis das mestras”, de Luís González Tosar.
Premios Insua dos Poetas:
Creación literaria: Inma López Silva. Defensa da cultura galega no exterior: Irmandade Galega de Caracas. Medios de comunicación en galego: Xan Fernández Pinal, da Cope do Carballiño. Defensa do patrimonio etnográfico: grupo cultural “Chamoso Lamas”. Acción empresarial no eido da cultura: Adegas Cachín
2017, IX Festa da Palabra: Homenaxe a Carlos Casares Inaugurous a escultura “Vento ferido” de Manuel García de Buciños.
Premios Insua dos Poetas:
Artes plásticas: Antón Pulido. Creación literaria: Miguel Anxo Fernán-Vello. Emigración: Centro Partido do Carballiño en Buenos Aires. Medio ambiente: Plataforma Ríos Limpos. Defensa da lingua galega: Doutor Carlos Guitián. Medios de comunicación: Diario Cultural da Radio Galega. Iniciativa cultural destacada: Grupo de teatro Tiruleque.
2018, X Festa da Palabra: Homenaxe a Víctor Campio Pereira Celebrouse o 28 de xullo de 2018 a homenaxe ao autor de Garabás. A peza escultórica “Caste” foi creación de Luís González Tosar e Manuel Nogueira.
Premios Insua dos Poetas:
Defensa e conservación do Medio Ambiente: Plataforma mina Touro-O Pino NON. Artes plásticas: Siro López. Emigración: Beatriz Carballo Regueira, secretaria da Asociación Hijos de Zas en Buenos Aires. Iniciativa empresarial a favor da cultura: Andrés Rodríguez, presidente de Viña Costeira Adega. Acción social: Benigno Moure, presidente da Fundación San Rosendo. Creación literaria: Bieito Iglesias.
2019, XI Festa da Palabra: Homenaxe a Antón Tovar Celebrouse o 20 de xullo de 2019 e a escultura “Un pingar de versos” foi obra de José Antonio Mosquera.
Premios Insua dos Poetas:
Creación literaria: María Solar. Artes plásticas: María Victoria Carballo-Calero. Lingua e literatura galega na diáspora: Centro Galicia de Buenos Aires. Acción social: Asociación de veciños de Madarnás. Iniciativa empresarial: Manuel Bernárdez Otero. Imaxe e audiovisual: Asociación Fotográfica O Potiños. Medios de comunicación: Cadena Ser do Carballiño.
2020, XII Festa da Palabra: Centenario da Revista Nós Celebrouse o 20 de xullo de 2020, no centenario da Revista Nós. No acto inaugurouse o Auditorio Nós e a Fonte da auga do aloumiño.
Premios Insua dos Poetas: Literatura: Pilar García Negro. Audiovisual: Cineclub Carballiño Música: Sés. Acción Social: Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña. Comunicación: Xosé Manuel Piñeiro.
Emigración: Rejina Jallas. Premio especial para as traballadoras da residencia integrada de Os Milagres en Baños de Molgas.
2021, XIII Festa da Palabra: Homenaxe a Federico García Lorca Celebrouse o 3 de xullo de 2021 coa escultura realizada por Soledad Penalta, na que se poden ler os Seis poemas galegos de Lorca.
Premios Insua dos Poetas:
Literatura: Yolanda Castaño. Música: Orfeón do Carballiño. Iniciativa Social: Fundación Amaranta. Emigración: Diego Martínez Duro. Comunicación: Maribel Outeiriño, xornalista de La Región. Emprendemento: Marisol Novoa, presidenta da CEO. Artes Plásticas: Vidal Souto, a título póstumo.
2022, XIV Festa da Palabra: Homenaxe ao Grupo Brais Pinto Celebrouse o 16 de xullo de e descubriuse unha escultura de Ramón Conde.
Premios Insua dos Poetas:
Literatura: Ramón Caride. Investigación e promoción cultural: Felipe Senén. Másica : Bieito Romero de Luar na Lubre. Artes plásticas: Pilar Corredoira. Promoción da nosa cultura: Festival de Teatro Galego do Carballiño. Cultura rural: “Cos pés na terra”, programa da TVG. Emigración: José María Vila Alén.
2023, XV Festa da Palabra: Homenaxe a Arcadio López Casanova Celebrouse o 23 de xullo de 2013. A peza escultórica "Kermesse para Arcadio" foi obra de Antón Pulido.
Premios Insua dos Poetas:
Literatura: Concha Blanco. Creación Artística: Xulio Gil. Iniciativa Cultural: Festa da Istoria de Ribadavia. Colectivo ou institución destacada do Carballiño: CD Arenteiro. Acción Social: Federación Down Galicia. Defensa do Medio Ambiente: Fundación Eira. Cultura Galega e Emigración: Familia Fragoso-Pegito.
2024, XVI Festa da Palabra: Homenaxe a Xosé Luís Méndez Ferrín Celebrouse o 20 de xullo de 2024 e descubriuse a escultura "Espiral", obra de Alberto Fernández.
Premios Insua dos Poetas:
Creación Literaria: Xosé Luis Méndez Ferrín. Artes Plásticas: Mercedes Gallego Esperanza. Música: Lucía Pérez. Promoción da cultura galega na comarca: Agrupación Cultural Avantar. Acción Social: Federación Autismo Galicia. Cultura galega na emigración: Alberto López Barros Comunicación: Badal Novas.
2025, XVII Festa da Palabra: Homenaxe a Castelao Celebrouse o 19 de xullo de 2025, Ano Castelao, e a escultura “A porta de Castelao” foi obra de Antón Pulido.
Premios Insua dos Poetas:
Literatura: César Lorenzo (polo seu blog Os biosbardos). Lingua galega nos medios de comunicación: María Xosé Porteiro. Defensa da cultura propia: Editorial Galaxia. Audiovisual en galego: Cineclube Padre Feijoo. Colectivo galeguizador: Irmandade da Sanidade Galega. Protección da natureza: CEIP Curros Enríquez de Celanova. Cultura na emigración: Ramón Aguiño.
2026, XVIII Festa da Palabra: Homenaxe a Fernan Paez de Tamalancos miniatura|Festa da Palabra 2026 Celebrouse o 18 de xullo de 2026 e inaugurouse un templete de homenaxe ao trobador, obra dos alumnos do Centro Integrado de FP Cantería de Galicia en Poio.
Premios Insua dos Poetas:
Literatura: Fina Casalderrey. Medio Ambiente: Sociedade Galega de Historia Natural.