A tencaBUSCatermos tenca, que dá como referencias: Vocabulario multilingüe de acuicultura. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2002 ; Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela, Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, 2000 ; VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración. Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. (Tinca tinca) é unha especie de peixe de auga doce e salobre da familia dos ciprínidos, que se encontra en Eurasia desde Europa Occidental incluíndo as Illas Británicas ao leste de Asia ata os ríos Obi e Ienisei. O seu interese en pesca deportiva provocou a súa introdución en cursos de auga de Chile, Australia, Nova Zelandia, África, Norteamérica, sueste asiático e recentemente no Brasil. Normalmente habita hábitats de augas doces de augas lentas, especialmente lagos e ríos de terrras baixas.B. Whitton (1982). Rivers, Lakes and Marshes p 163. Hodder & Staughton, London.

Ecoloxía

A tenca atópase con máis frecuencia en augas con substrato de arxila ou lama e abundante vexetación.A. F. Magri MacMahon (1946). Fishlore, pp 156-158. Pelican Books. Esta especie é rara en augas claras con substrato rochoso, e está ausente nas correntes rápidas. Tolera augas con baixa concentración de oxíxeno, e atópase en augas onde nin sequera a carpa pode sobrevivir. miniatura|esquerda|300px|Tencas exhibidas no "Subaqueous Vltava", Praga

As tencas aliméntanse principalmente de noite e comen preferentemente animais invertebrados como dípteros quironómidos, nos leitos de augas eutróficashttp://onlinelibrary.wiley.com/doi/10.1111/j.1095-8649.1996.tb01481.x/abstract e caracois e ameixas Pisidium en augas con moita vexetación.

É un peixe de augas temperadas que se reproduce a temperaturas superiores aos 18 °C. A posta de ovos pode chegar a alcanzar un peso superior ao 10% do peso da femia. A reprodución ten lugar en augas pouco fondas xeralmente entre plantas acuáticas, onde poden depositar os seus pegañosos ovos verdes, de 1 mm de diámetro. Os ovos permanecen pegados ás plantas ata a súa eclosión, que pode durar de 3 a 5 días, segundo a temperatura. A desova ten lugar normalmente en verán, e poden producir ata 300.000 ovos, normalmente menos.A. Lawrence Wells (date unknown). Observer Book of Freshwater Fishes, pp 101-105. Frederick Warne & Co. O crecemento é rápido, e os peixes poden alcanzar un peso de 0,11 kg no primeiro ano.

Morfoloxía

As tencas teñen unha forma robusta parecida á da carpa e a pel é de cor verde oliva, máis escura por ariba e case dourada por debaixo. A aleta caudal é de forma bastante cadrada. As outras aletas son arredondadas. A boca é terminal e máis ben estreita e ten en cada extremo pequenas barbas. O tamaño máximo do animal é de 70 cm, aínda que a maioría dos espécimes son moito menores.G. Sterba (1962). Freshwater Fishes of the World pp 249-250. Vista Books, London. Os dentes farínxeos son uniseriais. Os ollos son pequenos e de cor de laranxa a vermello.As femias poden chegar a pesar uns 7 kg, aínda que as de 4 kg xa se consideran grandes. Os machos raramente chegan aos 3 kg. O dimorfismo sexual é escaso, limitado a que as femias adultas teñen un perfil ventral máis convexo comparado co dos machos. Os machos son normalmente menores que as femias, e poden recoñecerse por teren as aletas inferiores máis curvadas e uns múscuculos ben distinguibles arredor da base das aletas, que están xeralmente ausentes nas femias.

A tenca ten moi poucas escamas, que están profundamente inseridas na grosa pel, facendo que sexa tan escorregadiza como unha anguía. As escamas son de pequeno tamaño; posúen máis de 80 delas na liña lateral. As aletas carecen de raios espiñosos. A textura do tegumento é bastante mucosa.

miniatura|esquerda|Tinca fósil

Tenca dourada

Unha variedade de tenca criada artificialmente é a chamada tenca dourada, que é popular como peixe ornamental para estanques. Esta forma varía en cor desde o dourado claro ao verde escuro, e algúns peixes teñen manchas negras ou vermellas nos flancos e aletas.

Importancia económica As tencas son comestibles, e funcionan moi ben nas receitas para cociñar carpas. Son pescadas con cana e usadas como penso para especies predadoras como os centrárquidos. As tencas, especialmente a tenca dourada, so tamén peixes ornamentais en estanques e menos frecuentemente en acuarios.Dick Mills (2000). Understanding Coldwater Fish, p 106. Interpet Publishing. ISBN 1-903098-10-6

Posúe grande interese en acuicultura: segundo a Organización de Produtores Piscicultores (OPP) a produción europea no ano 2000 alcanzou case 1.500 toneladas, correspondendo a Francia 700 ton (70,4%), seguida por España con 160 ton (16,1%), 116 ton en Alemaña (12,0%), e Bélxica con apenas 15 Tm (1,5%).

Notas

Categoría:Cipriniformes Categoría:Animais descritos en 1758