A Nosa Galiza foi un programa radiofónico dirixido e presentado por Manuel Fernando González na emisora Radio Miramar de Barcelona entre 1973 e 1981. Emitíase os domingos de 11:00 a 12:00 e realizábase en lingua galega e entre os seus colaboradores estivo gran parte da intelectualidade galega residente na cidade condal, e mais tamén outros residentes en Galicia, como Adolfo Fernández Oubiña, Olegario Sotelo Blanco, Basilio Losada, Manuel María, Xesús Mato, Alfonso Bozzo, Manuel Rodríguez López ou Xosé Lois García Fernández.Blanco Campaña, Xosé Luís (1995) Radio e prensa na Galicia Exterior. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, p. 36.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Programas de radio en galego na emigración

Categoría:Barcelona