Denis Villeneuve, nado en Trois-Rivières (Quebec) o 30 de outubro de 1967, é un guionista e director de cine canadense.

Traxectoria

Foi nomeado a un premio Oscar na categoría de mellor dirección pola súa película Arrival (2016), e gañou tres premios Genie como mellor director, polas súas longametraxes Maelström (2000), Polytechnique (2009) e Incendies (2010). A película Incendies foi nomeada ademais a un Oscar na categoría de mellor película de fala non inglesa. Internacionalmente, é coñecido por dirixir as cintas Prisoners, Sicario, Arrival e Blade Runner 2049. Filmografía Director Ano Título Notas 1994 REW-FFWD Curtametraxe 1996 Cosmos Segmento "Technétium, Lle" 1998 Un 32 août sur terre 2000 Maelström 2006 120 Seconds to Get Elected Curtametraxe 2008 Next Floor Curtametraxe 2009 Polytechnique 2010 Incendies 2013 Prisoners 2013 Enemy 2015 Sicario 2016 Arrival 2017 Blade Runner 2049 TBA DunePreprodución

Notas

Véxase tamén

Categoría:Guionistas do Canadá Categoría:Nados en 1967 Categoría:Nados no Quebec Categoría:Directores de cinema do Canadá