A onza (símbolo: oz) é unha unidade de masa usada desde a antiga Roma para pesar con maior precisión as mercadorías e outros artigos, especialmente se o seu peso era menor que unha libra romana. A onza aínda se usa frecuentemente nos países anglosaxóns, e antigamente o seu uso era máis estendido en toda Europa.
Orixe do termo A palabra onza provén do latín ūncia, derivada á súa vez do protoindoeuropeo *oinoko- (de onde tamén deriva único), forma sufixada da raíz *oino- (de onde tamén deriva un). A ūncia era a unidade fraccionaria empregada polos romanos, quen se servían de fraccións duodecimais; é dicir, significaba 'unha duodécima parte'. No contexto monetario, a uncia era a moeda de valor correspondente a 1/12 de ás. Pola súa banda, a onza de peso era 1/12 de libra (nótese que a libra de 16 onzas é posterior á de 12 onzas). As palabras inglesas ounce (onza) e inch (polgada = 1/12 de pé) derivan igualmente de ūncia.
Onzas anglosaxoas en uso Á onza chámaselle ounce en inglés, abreviada oz e de símbolo ℥ (Unicode Ou+2125). Actualmente só se usan dous tipos de onza: A onza avoirdupois (de uso común): é a dezaseisava parte dunha libra avoirdupois, e equivale a 28,349523125 (vinte e oito coma trescentos corenta e nove millóns cincocentos vinte e tres mil cento vinte e cinco) gramos, ademais de: Quimica para el nuevo milenio, pag 611, en Google libros 437,5 grans 16 dracmas avoirdupois 0,0625 libras avoirdupois A onza troy (usada unicamente en xoiaría, ourivaría e numismática para pesar metais preciosos) é a doceava parte dunha libra troy, e equivale a 31,1034768 gramos, ademais de: 480 grans 20 pennyweights 8 dracmas troy 0,0833333333333333 libras troy Existe outra unidade anglosaxoa en uso, chamada onza líquida (fluíde ounce, en inglés; abrevíase fl. Oz), que non é de masa senón de volume.
Onzas en desuso A onza castelá equivalía a 28,7558 gramos, e estaba dividida en 16 adarmes; en farmacia, estaba dividida en 8 dracmas; e en ambos os casos, en 576 grans. A onza farmacéutica era utilizada nas farmacias e na farmacoloxía anglosaxoas. É a doceava parte dunha libra farmacéutica e equivale a 31,1034768 gramos, ademais de: 480 grans. 24 escrúpulos. 8 dracmas farmacéuticos. 0,0833333333333333 libras farmacéuticas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Atmosfera (unidade) Joule Newton Caloría Pascal (unidade) Quilogramo Tonelada Unidade de masa atómica Nó (náutica)
Ligazóns externas Dicionario de unidades: a onza , .
Categoría:Unidades de masa Categoría:Unidades de medida históricas