A Rexión Autónoma do Tíbet (en ; Wylie: Bod rang skyong ljongs) ou Rexión Autónoma de Xizang (en ; pinyin: Xīzàng zìzhìqū), é unha rexión autónoma da República Popular da China, onde habitan 7,5 millóns de membros do pobo tibetano. Foi estabelecida formalmente no ano 1965 para substituír a Área do Tíbet, unha división administrativa que a República Popular herdou da República da China, uns 5 anos despois da dimisión do Kashag coa revolta do Tíbet de 1959, e 13 anos despois da incoporación do Tíbet en 1951.

Dentro da China, o Tíbet é identificado como unha rexión autónoma. As fronteiras actuais do Tíbet foron estabelecidas no século XVIII"What is Tibet? – Fact and Fancy", Excerpt from e inclúe a metade do Tíbet etnocultural. A Rexión Autónoma do Tíbet é a segunda meirande división administrativa da China segundo a área despois de Xinjiang, abranguendo 1 228 400 km², e os seus terreos duros son os menos densamente poboados de todo o estado.

Demografía

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Goberno rexional do Tíbet

Categoría:Provincias da China