A lingua uigur (en , Уйғур тили, Uyghur tili, Uyƣur tili ou ئۇيغۇرچە, Уйғурчә, Uygurche, Uyƣurqə), é unha lingua da familia das linguas turcas que ten entre 10 e 25 millóns de falantes, falado principalmente polo pobo uigur na Rexión Autónoma Uigur de Xinjiang na República Popular da China. Existe significativas comunidades de falantes uigur en Casaquistán e Uzbequistán, e outros países con comunidades expatriadas uigur. O uigur é unha lingua oficial da Rexión Autónoma de Xinjiang e é amplamente empregada en tódalas esferas sociais e oficiais, así como na prensa, a radio, a televisión, e mesmo como lingua franca por outras minorías étnicas de Xinjiang.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en uigur Bibliografía ()

Categoría:Linguas turcas Categoría:Linguas da China Categoría:Linguas de Paquistán Categoría:Linguas de Kazakhstán Categoría:Linguas de Kirguizistán Categoría:Linguas aglutinantes