Os huróns ou wyandot son un pobo indíxena que habita nas reservas dos estados de Oklahoma, Míchigan, Kansas e o Quebec, e que orixinariamente se estendeu pola beira esquerda do río San Lourenzo e a rexión dos Grandes Lagos. Crese que formaban a máis numerosa confederación de indíxenas de cultura iroquesa de América do Norte. Tradicionalmente falaron a lingua hurón, unha lingua iroquesa do norte. No tempo da chegada dos europeos, crese que o seu número puido roldar os 30 000 membros, que puido ser na segunda década do século XVII.
No século XV os huróns pre-contacto estaban asentados nunha grande área que abraguía dende a costa norte do lago Ontario até a baía Xeorxiana. Os huróns emerxeron no século XVII dos remanentes de dous grupos anteriores, os wyandot (huróns) e os tionontate (petun). Vivían no que hoxe é a parte sur da provincia canadense de Ontario. Drasticamente minguados en número por mor das enfermidades epidémicas despois de 1634, foron dispersados pola guerra en 1649 polos haudenosaunee, que daquela vivían en Nova York.
No presente, os huróns teñen unha reserva india das Primeiras Nacións no Quebec, no Canadá. Tamén teñen tres asentamentos principais nos Estados Unidos de América, dous dos cales teñen gobernos independentes, federalmente recoñecidos como tribos.
Notas
Véxase tamén
Guerra franco-indíxena Guerra dos Sete Anos Invasión do Canadá O derradeiro dos mohicanos O derradeiro dos mohicanos (filme de 1992) Pobos indíxenas de América
Bibliografía Dickason, Olive Patricia. "Huron/Wyandot". Encyclopedia of North American Indians, 263–65, Ed. Frederick E. Hoxie. Boston: Houghton Mifflin, 1996. ISBN 0-395-66921-9. Garrad, Charles and Heidenreich, Conrad E., ""Khionontateronon (Petun)", Handbook of North American Indians, ed. Bruce Trigger, Vol. 15, Northeastern Indians, Smithsonian Institution, 1978 Heidenreich, Conrad E., "Huron", Handbook of the North American Indian, ed. Bruce Trigger, Vol. 15, Northeastern Indians, Smithsonian Institution, 1978 Sagard, Gabriel. Le grand voyage au pays des Hurons. Vol. 1; Vol. 2. París, 1632.
Categoría:Pobos indíxenas do Canadá Categoría:Pobos indíxenas dos Estados Unidos de América