Montecarmelo é un barrio da cidade de Madrid que forma parte do distrito de Fuencarral-El Pardo. Está situado ao oeste da autovía M-607 e ao sur da autovía de circunvalación M-40. Montecarmelo linda ao sur coa Colonia de Mirasierra e co PAU de Tres Olivos de Fuencarral, e ao leste co PAU de Las Tablas. Foi construído a a comezos do século XXI, e xurdiu como un Programa de Actuación Urbanística (PAU) por mor da elaboración do Plan Xeral de Ordenación Urbana de 1997 do Municipio de Madrid.

O barrio ten forma de ril, con avenidas lonxitudinais e rúas transversais que fan referencia a diferentes mosteiros de España.

Nome O nome deste barrio deriva dun rego próximo denominado Monte Carmelo. Este rego nace nas proximidades da Ermida da Nosa Señora de Valverde (patroa de Fuencarral) e discorre polo outro lado da veciña autovía M-40; a partir de Pitis únenselle outras correntes de auga menores e é coñecido como rego do Fresno, desembocando finalmente no Manzanares xunto ao nó que une a autovía M-30 coa M-40 e a Estrada de El Pardo.

Educación 1 Escola infantil pública Sol Solito 2 Colexios públicos de primaria Infanta Leonor e Antonio Fontán Colexio Alemán Madrid, anteriormente situado na rúa Concha Espina

Infraestruturas Anel verde ciclista Parques con zona infantil Cemiterio de Fuencarral

Transportes Autobuses urbanos As liñas 134 e 178 atravesan o barrio. Tamén dá servizo a liña N23, que circula polas noites; pasando por Praza de Castela, e indo por La Castellana até Cibeles.

Metro Estación de Montecarmelo: Liña 10. A estación atópase no centro do barrio e implica un cambio de plataforma na estación previa (Tres Olivos). Estación de Paco de Lucía: Liña 9. Situada na conexión entre Montecarmelo e Mirasierra, na rúa Costa Brava con Monasterio de Las Hulgas.

Proximidades Proximamente abrirá a Estación de Paco de Lucía de proximidade, permitirá a conexión coas liñas C-3, C-7 e C-8.

Véxase tamén Ligazóns externas Montecarmelo en Google Maps Asociación de Empresarios e Comerciantes de Las Tablas e Montecarmelo .

Categoría:Barrios de Madrid