RS-27 é a designación dun tipo de motor foguete utilizado na primeira etapa de varios foguetes Delta e Atlas.
Características Os motores RS-27 eran fabricados por Rocketdyne e funcionaban alimentados por osíxeno líquido e queroseno (RP-1). Tiñan un pulo de 915,5 kN a nivel do mar e usábanse na primeira etapa dos seguintes modelos de foguetes Delta e Atlas: Delta 1000, Delta 2000, Delta 3000, Delta 4000, Delta 5000, Delta II, N-2 (unha versión licenciada do Delta fabricado no Xapón) e Atlas II.
O RS-27 estaba formado en realidade por un motor principal RS2701A/B e dous foguetes vernier LR101-NA-11. Foi usado por primeira vez nos Delta 2000, en 1974, substituíndo ao motor MB-3. Usáronse por última vez en foguetes Delta II da serie 6000, e máis tarde no sistema de motores MA-5A empregados nos Atlas II.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delta 1000 Delta 2000 Delta 3000 Delta 4000 Delta 5000 Delta 6000 N-2 MA-5A RS-27A RS-27C
Categoría:Motores foguete