Manuel Maza Cardama, nado en Santiago de Compostela cara a 1893 e finado en Montevideo o 22 de agosto de 1986, foi un político galego.

Traxectoria Concelleiro en Santiago de Compostela polo Partido Federal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e ingresou na prisión de Compostela. Xulgado en Compostela por incitación á rebelión na causa 402/36 o 16 de novembro de 1936, foi condenado a 6 anos de prisión. Cumpriu condana no cárcere de Santiago de Compostela e saíu en liberdade condicional en 1940. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941,BOE, 22-10-1941, p. 3852. e foi sancionado cunha multa de 300 pesetas. En 1953 vendeu o seu patrimonio e marchou ao Uruguai.

Vida persoal Casou con Francisca Otero Rozas e foi pai de Josefina, Manuel, Dolores, Olga, Jorge e América Maza Otero.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Expediente de responsabilidades políticas de Manuel Maza Cardama

Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos do Uruguai Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1893

Categoría:Finados en 1986