Enrique Costas Márquez, nado en Morgadáns (Gondomar) en 1861El Heraldo Gallego, 12-7-1925, p. 1. e finado en Santiago de Compostela o 3 de xullo de 1925El Ideal Gallego, 4-7-1925, p. 1., foi un sacerdote e xornalista galego.
Traxectoria Irmán de Carolino Costas Márquez. Estudou no Seminario de Zaragoza e pasou despois ao de Santiago de Compostela. En 1896 foi nomeado canónico arquiveiro da catedral de Mondoñedo. Foi arcipreste e deán da catedral de Mondoñedo e catedrático de Metafísica e Ética no Seminario. Leu o discurso inaugural do curso 1892-93 en Santiago de Compostela, sobre o tema "Existe en el hombre un principio de vida distinto de la materia de su cuerpo. Este principio de vida, que informa la materia de nuestro cuerpo, es independiente de la misma". Fundou e dirixiu os periódicos La Defensa, Pensamiento Católico e El Cruzado e foi redactor xefe de Acción Social.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Sacerdotes da Igrexa católica latina Categoría:Xornalistas de Gondomar Categoría:Nados en Gondomar Categoría:Nados en 1861 Categoría:Finados en 1925 Categoría:Carlistas de Galicia