Rob "Sloot" Slotemaker nado en Batavia o 13 de xuño de 1929 e finado en Zandvoort o 16 de setembro de 1979 foi un piloto de carreiras holandés.

participou nunha carreira do campionato do mundo de Fórmula 1, o Gran Premio dos Países Baixos de 1962, cun Porsche, pero o seu coche non estivo listo a tempo para a carreira. Foi substituído por Wolfgang Seidel.John Thompson, "The Formula One Record Book", Frewin, 1974, pp. 84–85. Na década de 1960, Slotemaker competiu nas 24 Horas de Le Mans e foi piloto e conselleiro para a película Le Mans en 1970.

En 1956, estableceu a súa escola de manexo "antiderrapes" en Zandvoort, que aínda funciona hoxe en día.Slotemakers Anti-Skid School (Dutch)

O 16 de setembro de 1979, no Circuíto Park Zandvoort, Slotemaker morreu cando chocou co seu Chevrolet Camaro durante a carreira de automóbiles de turismo "Trophy of the Dunes". O seu automóbil trompeou sobre unha mancha de aceite e chocou cun coche aparcado á beira da pista. Malia a relativamente pouca forza do accidente, resultou co pescozo roto e morreu ao instante.The Straits Times, 18 de setembro de 1979, p.26.

Unha sección do circuíto, leva o seu nome na súa memoria.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Pos. Puntos Rob Slotemaker Porsche 718 Porsche 4 en liña NEDNPP MON BEL FRA GBR ALE ITA USA RSA – 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1929 Categoría:Finados en 1979 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 dos Países Baixos Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Ecurie Maarsbergen Categoría:Pilotos de Fórmula 1 finados en competición Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans