Jesús González Celeiro, nado en Bóveda cara a 1894, foi un político galego.

Traxectoria Instalado en Ferreira de Pantón, militou no PSOE. Logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936, foi nomeado alcalde de Pantón. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. En 1939 foi detido e ingresou no cárcere de Lugo o 18 de xuño. Foi procesado na causa 630/39 acusado de rebelión, e a súa causa resultou con sobresemento provisional. Saíu da cadea o 27 de novembro.

Foi sancionado por responsabilidades políticas. Volveu ser detido e xulgado o 19 de outubro de 1949 na causa 351/49 por atentado contra a seguridade do Estado ("protección al Socorro Rojo") xunto con Francisco Javier Álvarez Vázquez, Delfín Pedrido Estrada, José Rodríguez Vázquez, Justo Salgueiro Rodríguez e Javier Sampayo Núñez. Volveu ser detido e xulgado en Lugo o 13 de outubro de 1952 na causa 181/52 por colaboración con bandoleiros xunto con José Cid Salgueiro, Julio Garrido Fernández, Elio González López, Antonio López Mantilla, José López Touza, Zenón Pérez Vidán, Alberto Rodríguez, Raimundo Santomé Losada, Pedro Varela González e Antonio Vázquez Vázquez. Foi condenado a dous anos de prisión, pena da que foron indultados. Saíu en liberdade o 23 de maio de 1953.

Vida persoal

Casou con María Rodríguez Rodríguez, e tivo dous fillos. Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Expediente procesual de Jesús González Celeiro

Expediente procesual de Jesús González Celeiro

Expediente procesual de Jesús González Celeiro

Categoría:Alcaldes de Pantón Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados en Bóveda Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en ano descoñecido

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes