Luciano García Ventín, nado en Fondós (Quireza, Concello de Cotobade) o 20 de febreiro de 1892 e finado na mesma parroquia en 1960, foi un carpinteiro, ebanista e político galego.

Traxectoria Emigrado no Brasil, retornou a finais dos anos vinte. Fundador da Sociedad de Agricultores y Obreros La Alianza de Quireza e dirixente até 1933 da Federación de Agricultores y Obreros del Ayuntamiento de Cerdedo. Foi elixido concelleiro de Cerdedo nas eleccións de maio de 1931 polo Centro Republicano Radical Socialista e foi primeiro tenente-alcalde.El Pueblo Gallego, 12-6-1931, p. 9. En febreiro de 1935 foi elixido primeiro vogal do Comité de Izquierda Republicana de Cerdedo presidido por Sabino Bugallo Valiñas.El País, 20-2-1935, p. 3. Pasou despois a militar no PSOE. Foi alcalde do Concello de Cerdedo en 1936.

Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido. Capturado pola Garda Civil o 4 de febreiro de 1937, foi trasladado á prisión provincial de Pontevedra o o 12 de febreiro. Foi xulgado en Pontevedra por rebelión militar, estivo varios meses en prisión e sufriu extorsión. Foi novamente detido en marzo de 1943, logo de que a Garda Civil atopase nun rexistro na súa casa unha pistola e libros de actas da sociedade La Alianza de Cerdedo.El Pueblo Gallego, 27-3-1943, p. 5. Finou en Quireza en 1964.Canteiros e artistas de Terra de Montes e das Ribeiras do Lérez

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Luciano García Ventín, no Campo das Laudas

Categoría:Alcaldes de Cerdedo Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSOE Categoría:Galegos do Brasil Categoría:Nados en Cerdedo Cotobade Categoría:Nados en 1892 Categoría:Finados en 1964 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros Categoría:Ebanistas