miniatura|300px|Cadela de frade (orde dos Dermaptera) mostrando os seus cercos en forma de pinza.

Os cercos son apéndices localizados na extremidade do abdome dalgúns artrópodos,cerco2 no dicionario da RAGcerco 4 s m ZOOL Apéndice terminal que moitos artrópodos teñen ao finaal do corpo. No Dicionario de galego. Ir Indo Edicións, Vigo, 2004, ISBN 84-7680-504-7. sobre todo nos insectos (aínda que tamén os presentan algúns miriápodos).Garrido, Carlos (1977): cerco (Myriapoda+Insecta), en: Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-87305-12-1.

Normalmente existe un par de cercos laterais, que ás veces van acompañados dun cerco central denominado paracerco.

Etimoloxía o Termo cerco deriva da palabra do grego antigo κέρκος kérkos, 'cola'.cercus no Merriam-Webster Dictionary.

Porén, moitas veces na bibliografía internacional adoita usarse a súa adaptación ao latín, cercus (plural cerci).

Formas e funcións A súa morfoloxía é variada: poden seren longos, delgados e con función sensorial (Ephemeroptera), ou curtos, robustos e defensivos (Dermaptera). Nos Dermaptera e nos Japygidae están transformados en pinzas.

Os cercos frecuentemente serven como órganos sensoriais, pero tamén ás veces úsanse como armas, como axudas na copulación, ou simplemente son estruturas vestixiais.Pilon, J. G. e D. Lagacé (1998): Les Odonates du Québec. Entomofaune du Québec. ISBN 2-9802763-2-4,

Ordes de insectos que teñen cercos en estado adulto miniatura|220px|Cercos dun saltón da suborde dos Caelifera. Archaeognatha Dermaptera Diplura En realidade son hexápodos que non son verdadeiros insectos. Embioptera Ephemeroptera Grylloblattodea Isoptera Mecoptera Neuroptera Orthoptera Phasmatodea Plecoptera Zygentoma

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Cerci Universidad de Sydney. Depto. de Bioloxía .

Categoría:Anatomía dos artrópodos Categoría:Termos zoolóxicos