A Igrexa é un lugar da parroquia de Santo Adrao de Lourenzá no concello lugués de Lourenzá na comarca da Mariña Central. Segundo o IGE en 2016 tiña 69 habitantes (29 homes e 40 mulleres). Toponimia

O topónimo A Igrexa (do latín , o lugar da igrexa) débese á presenza no lugar da igrexa de Santo Adrao de Lourenzá.

Servizos

Ademais da igrexa parroquial, do século XVI, neste lugar sitúase o antigo colexio, o local da asociación de veciños, o campo da festa e un polideportivo. No núcleo están os barrios da Valiña, Vilar, Penelas e Canedo de Santo Adrao.

Lugares e parroquias Lugares de Santo Adrao de Lourenzá

Parroquias de Lourenzá

Notas

Categoría:Lugares de Lourenzá Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía