miniatura|270px|O emperador Carlos V, famoso políglota, retratado por Tiziano (ca. 1548). O termo políglotapolíglota no dicionario da RAG. refírese a unha persoa versada en varios idiomas, ou a un texto escrito noutros tantos, reservándose o termo bilingüe para aqueles que dominan dous, e trilingüe para aqueloutros que dominan tres idiomas.
Un dos políglotas máis coñecidos é o emperador do Sacro Imperio Carlos V, falante nativo de neerlandés ou flamengo, que nunha ocasión afirmou que se dirixía ao seu cabalo en alemán, que conversaba coas mulleres en italiano e cos homes en francés, e que reservaba o español para as súas conversas con Deus.polyglot no Merriam-Webster Dictionary.
Etimoloxía
O termo políglota deriva do grego antigo πολύγλωττος, polýglōttos, que á súa vez deriva das voces πολύς, polýs, 'moito' e γλώσσα ou γλώττα, glṓssa ou glṓtta (variante ática de γλώσσα), 'lingua'. O termo úsase desde 1640 como substantivo, e desde 1650 como adxectivo.polyglot no Online Etymology Dictionary.
Teorías Existen numerosas teorías como explicación do poliglotismo. Por exemplo, tense recoñecido que alguén que estea interesado nos idiomas, cun intelecto suficientemente desenvolvido, e que optimiza a súa técnica de aprendizaxe coa experiencia, será cada vez máis eficiente en cada novo idioma aprendido; polo tanto, tal individuo será capaz de dominar novos idiomas con menos esforzo que unha persoa media. Ademais, os diferentes idiomas superpóñense nas áreas de gramática e vocabulario, e isto fai que sexa máis fácil adquirir idiomas conectados, como as palabras do inglés e do francés.
Unha teoría suxire que un aumento brusco nos niveis de testosterona nun bebé mentres está no útero materno pode incrementar a asimetría do cerebro, mentres que outros suxeriron que o traballo duro e o tipo correcto de motivación —que calquera adulto pode aplicar— son os factores clave do poliglotismo.Benny Lewis: TEDx talk on Rapid Language Hacking (Vídeo en Youtube). A neurocientífica Katrin Amunts estudou o cerebro do políglota alemán Emil Krebs e determinou que a área do cerebro de Krebs que era responsábel dos idiomas —a área de Broca— estaba organizada dunha maneira diferente en comparación cos cerebros dos monolingües.
Denominacións
Monolingüe ou monóglota - 1 lingua falada Bilingüe ou díglota - 2 linguas faladas Trilingüe ou triglota - 3 linguas faladas Cuadrilingüe, tetralingüe ou tetraglota - 4 Quinquelingüe, pentalingüe ou pentaglota - 5 Sextilingüe - 6 Septilingüe - 7 Octalingüe - 8 Nonalingüe - 9 Decalingüe - 10 Endecalingüe - 11 Dodecalingüe - 12
Políglotas famosos Bieito XVI (1927), domina polo menos seis idiomas (alemán, italiano, francés, latín, inglés e castelán. Ademais, le o grego antigo e o hebreo bíblico. Ernesto de la Peña (1927-2012), erudito mexicano, falaba ao redor de 33 linguas, incluíndo o latín, o grego antigo, o inglés, o francés, o italiano, o ruso, o hebreo, o chinés e o sánscrito. William James Sidis, neno prodixio estadounidense (1898-1944), que tiña, xa de neno, excepcionais habilidades nas matemáticas e domininaba moitos idiomas (latín, grego, alemán, francés e outras linguas romances). Francisco, maniféstase en castelán, latín, grego, italiano e inglés.Diario Clarín, Buenos Aires, edición despois da súa elección papal. Francisco de Miranda, prócer venezolano precursor da independencia suramericana, falaba 6 idiomas: alemán, castelán, francés, inglés e ruso, e ademais traducía o latín e o grego. É coñecido como o americano máis universal da historia. Felipillo, guía dos conquistadores do Perú. Expresábase en tallán (lingua dun pobo situado no norte do actual Perú), quechua I, quechua clásico e castelán, e morreu aprendendo mapuche, na infrutuosa avanzada almagriana a Chile.La conquista del Perú. José del Busto Duthurburu, 1981. Giuseppe Caspar Mezzofanti (1774-1849), cardeal italiano que dominaba trinta e nove linguas, incluídas o persa, o latín, o grego, o italiano, o español, o alemán e o francés. Guillermo Gómez Rivera (1936), escritor, poeta, lingüista, periodista e historiador filipino. Fala tagalo, español, hiligainón, inglés, italiano, kinaray-a, cebuano e portugués. Ademais ten un nivel inicial en chabacano. Heinrich Schliemann (1822-1890), empresario e arqueólogo alemán que descubriu as ruínas de Troia. Podía falar alemán, neerlandés, francés, inglés, italiano, portugués, español, polaco, sueco, grego, latín, ruso, árabe e turco. John Milton (1608-1674), poeta inglés, moi coñecido por ser o creador do poema épico O paraíso perdido (Paradise Lost), podía falar inglés, latín, francés, alemán, grego, hebreo, italiano, español, arameo e siríaco. John Bowring (1792-1892), político e economista inglés que podía falar 100 linguas. José Gregorio Hernández (1864-1919), científico, filántropo, médico e profesor venezolano. Podía falar español, francés, alemán, inglés, italiano, portugués e dominaba o latín. Xoán de Betanzos, explorador e cronista galego do século XVI, que acompañou a Francisco Pizarro e a Diego de Almagro na conquista do Imperio Inca, con solvencia lingüística en galego, castelán, latín, quechua xeral e quechua clásico, por casar cunha irmá de Atahualpa.Enciclopedia Ilustrada del Perú. Alberto Tauro del Pino. Lima, 2001. Xoán Paulo II (1920-2005), que falaba os seguintes idiomas: italiano, francés, alemán, inglés, español, portugués, ucraíno, ruso, croata, esperanto, grego antigo e latín, así como o seu natal polaco. Ziad Fazah (1954), políglota libanés que fala ao redor de 58 linguas. Ghil'ad Zuckermann (1971), lingüista que fai contribucións á revitalización lingüística, contacto lingüístico e etimoloxía.Voices of the land, In Port Augusta, an Israeli linguist is helping the Barngarla people reclaim their language / Anna Goldsworthy, The Monthly, September 2014.Meet Ghil'ad Zuckermann, master of 11 languages, Pedestrian TV.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Bilingüismo Monolingüismo Multilingüismo
Categoría:Sociolingüística