O trastorno por estrés postraumático ou TEPT é un trastorno mental clasificado dentro do grupo dos trastornos relacionados con traumas e factores de estrés (Dsm 5) como unha agresión sexual, a guerra, un accidente de tráfico, ou calquera outra ameaza da vida das persoas. Caracterízase pola aparición de síntomas específicos trala exposición a un acontecemento estresante, extremadamente traumático, que involucra un dano físico ou é de natureza extraordinariamente ameazadora ou catastrófica para o individuo. Os síntomas poden incluír trastornos de pensamento e emocionais, ou soños relacionados cos eventos que causaron o trauma, así como evasión da realidade e un incremento da reacción de loita ou fuxida. Estes síntomas adoitan durar máis dun mes despois do evento. Os nenos son menos propensos a amosar distrés pero poden expresar os seus recordos a través do xogo. Unha persoa con TEPT ten un alto risco de suicidio e de autolesións intencionadas.
Notas
Categoría:Trastornos de ansiedade