dereita|miniatura|Laboratorio de Anchieta en Caconda. Caconda é unha cidade e un concello da provincia da Huíla, en Angola.

Xeografía O concello, creado en 1857, ten unha extensión de 4 715 km² e unha poboación de 186 098 habitants (estimación de 2006),GeoHive - Angola population statistics. distribuídos nas comunas de Caconda, Uaba, Cusse, Gungui e Sede.

Localizada na rexión de Plano Alto, a 237 km ao norte de Lubango, a capital provincial,Caconda investe mais de 20 milhões de Kwanzas em biblioteca ANGOP. e aproximadamente a 700 km ao sur de Luanda, a capital do país.

Caconda ten un clima subtropical de terras altas, clima temperado con inverno seco e verán suave (Cwb na clasificación climática de Köppen).

Historia Coa colonización portuguesa, o territorio da actual provicia da Huíla foi incluído no territorio de Benguela.Provincia da Huíla . No século XIX, Caconda era o punto máis avanzado no territorio colonial de Portugal en África.

Por un decreto lei aprobado en abril de 1849, o territorio foi integrado no distrito de Moçamedes (agora chamado Narnibe). Un dos principais municipios da provincia é Caconda.

Caconda ten un lugar na historia da zooloxía, porque foi alí onde o grande explorador e naturalista portugués José Alberto de Oliveira Anchieta (1833–1897) levou a cabo a maior parte do seu traballo, e nesa localidde morrreu en 1897, cando regresaba dunha expedición.

A rexión de Caconda viuse severamente afectada pola guerra civil angolana. É unha zona extremadamente pobre, e moitas familias viven da agricultura de subsistencia, e rexistra unha taxa de desnutrición do 20 %. Un gran número de persoas foi desprazado durante a guerra civil. O programa de axuda das Nacións Unidas e o Programa Mundial de Alimentos foron esenciais para facer fronte á catástrofe humanitaria.

Cultura Os principais monumentos de Caconda son os restos da fortaleza portuguesa de Caconda e a igrexa construída en 1956.Igreja de Caconda .

Nos últimos anos o goberno está a financiar programas para o desenvolvemento rural e combater a fame. O alcalde Cacondas, Adão Sebastião César, anunciuou en abril de 2014 a construción da Biblioteca Municipal, cun orzamento 20 millóns de kwanzas (uns 150 000 euros). O edificio ofrece un espazo para 2 000 libros e unha sala de ordenadores. A ministra de cultura Rosa Cruz e Silva xa había prometera durante a súa visita a entrega a Caconda de 1 000 libros polo seu Ministerio.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos José Alberto de Oliveira Anchieta Ligazóns externas Provincia da Huíla . Caconda investe mais de 20 milhões de Kwanzas em biblioteca ANGOP (Agência Angola Press) . Consultada o 1 de abril de 2017. Información sobre a provincia da Huíla en Info- Angola

Categoría:Cidades de Angola Categoría:Xeografía de Angola