Philip Fotheringham-Parker nado o 22 de setembro de 1907 en Beckenham, Kent e finado o 15 de outubro de 1981 en Beckley, East Sussex, foi un piloto de competición de Inglaterra. Participou no Gran Premio do Reino Unido de 1951 pilotando un Maserati 4CL, pero retirouse da carreira logo dun problema cun tubo de aceite, non anotou ningún punto do campionato. Máis tarde ese ano, gañou o Gran Premio de Escocia de 1951, unha carreira menor da Fórmula Un en Winfield con este coche.

Fotheringham-Parker competiu na carreiras das 24 Horas de Le Mans de 1953, compartindo un Allard co propio Sidney Allard, pero o equipo retirouse logo de disputar apenas catro voltas. Tamén tomou parte no Rally de Montecarlo de 1954 cun Ford Zephyr.

Resultados Completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 Pos. Puntos P. Fotheringham-Parker Maserati 4CL Maserati L4s SUI 500 BEL FRA GBRRet ALE ITA ESP NC 0

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1981 Categoría:Pilotos de Fórmula 1 de Inglaterra Categoría:Pilotos das 24 Horas de Le Mans Categoría:Nados en Londres