A igrexa de Santo Ildefonso é un edificio relixioso, destinado ao culto católico, situado na praza do mesmo nome da cidade de Madrid (España).
Historia O edificio orixinal foi fundado o 28 de setembro de 1619, dependente da parroquia de San Martiño, e destruído a comezos do século XIX. A planta do conservado é obra do arquitecto Antonio Cuervo, en 1827, aínda que cinco anos despois sufriu un grande incendio. miniatura|esquerda|Aquí casaron Rosalía e Murguía. Unha placa no exterior do templo lembra que alí casou o 10 de outubro de 1858 a poetisa galega Rosalía de Castro, veciña da Corredera Baja de San Pablo, con Manuel Murguía. Durante a guerra civil española empregouse para almacenar provisións, sufrindo grandes desfeitas no conflito. Quedou restaurada integramente en 1952.
A cargo desta igrexa está o veciño humilladero da nosa Señora da Soidade, da rúa de Fuencarral.
No seu interior destaca un retablo barroco, atribuído a Gaspar Becerra, dúas imaxes de santo Antonio de Padua e san Xosé, atribuídas a Francisco Vergara Bartual o Mozo e unha talla anónima de Cristo crucificado do século XVII.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Catálogo de monumentamadrid Base de datos do Colexio de Arquitectos de Madrid
Categoría:Igrexas da Comunidade de Madrid Categoría:Arquitectura en Madrid Categoría:Igrexas católicas de España