A Hypsiboas punctatus é unha especie de anfibio da familia dos hílidos. Habita na Arxentina, en Bolivia, no Brasil, en Colombia, en Ecuador, na Güiana Francesa, en Paraguai, no Perú, en Suriname, en Trinidad e Tobago e en Venezuela.
Os seus hábitats naturais inclúen bosques tropicais ou subtropicais secos, pantanos tropicais ou subtropicais, montanos húmidos, pantanos, marismas de auga doce, correntes intermitentes de auga, xardíns rurais, áreas urbanas e zonas previamente boscosas agora moi degradadas A súa supervivencia non está en perigo segundo a IUCN.
Pigmentación e fluorescencia da pel Unha ra atopada na Provincia de Santa Fe, na Arxentina por Taboada et al (2017) é o primeiro anfibio terrestre, entre máis de 5 000 especies de ra, identificado como fluorescente natural.
Cando se expoñen a unha luz ultravioleta, a pel destas ras emite unha reflexo fluorescente verde claro. O descubrimento foi feito por casualidade cando os investigadores comprobaban as secrecións da pel da ra baixo luz UV. A reacción agardada era unha fluorescencia vermella tenua, xa que a pel da ra contén biliverdina, un pigmento de tetrapirrol da bile responsable da súa cor ver e marrón. Esta sorprendente fluorescencia verde atribúese ós compoñentes de hyloin, principalmente hyloin-L1, hyloin-L2 e hyloin-G1. Estas moléculas fluorescentes, da familia dos dihydroisoquinolinones e derivadas da isoquinolina (un anel de benceno fusionado cun anel de piridina), nunha membrana mucosa protectora de alcaloides, foron identificados no tecido linfar, na pel e nas secrecións glandulares da ra.
Segundo Taboada e os seus colaboradores, a intensidade da fluorescencia representa entre o 18 e o 29% da luminosidade en condicións entre lusco e fusco, e crese que xoga un papel importante na comunicación, camuflaxe e reprodución da especie.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía La Marca, E., Scott, N., Aquino, L., Azevedo-Ramos, C., Coloma, L.A., Ron, S., Faivovich, J., Baldo, D. & Hardy, J. 2004. Hypsiboas punctatus. 2006 IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 12 de febreiro de 2022.
Categoría:Animais descritos en 1799 Categoría:Anfibios da Arxentina Categoría:Anfibios de Bolivia Categoría:Anfibios do Brasil Categoría:Anfibios de Colombia Categoría:Anfibios de Ecuador Categoría:Anfibios de Güiana Categoría:Anfibios da Güiana Francesa Categoría:Anfibios de Paraguai Categoría:Anfibios do Perú Categoría:Anfibios de Suriname Categoría:Anfibios de Trinidad e Tobago Categoría:Anfibios de Venezuela