miniatura|dereita|220px|Logo de Fischer Sports. Fischer Sports é unha empresa de Austria que fabrica esquís para todas as modalidades deste deporte, raquetas de tenis e equipamento de hockey. É unha das maiores empresas manufacuteraras na industria do esquí."The Fischer Story", Skiing (November 1985) p. 142 Fischer logrou un éxito rotundo nas últimas copas do mundo de esquí nórdico, esquí alpino e de saltos. A empresa foi fundada por Joseph Fischer o ano 1924.
Fischer no tenis profesional Os xogadores como Dominik Hrbatý, Marcos Baghdatis, Anna Chakvetadze, e o excampeón do Australia Open e do Roland Garros Yevgeni Káfelnikov son uns dos tenistas que levan raquetas da marca Fischer.
Asociación Rottefella/Fischer No ano 2007 a empresa austríaca asociouse coa empresa nórdica de fixacións Rottefella. A partir dese ano todas as botas Fischer levan fixacións desta marca. As botas levaban o sistema (SNS) patentado por Salomón pero desde hai un ano se utliza o sistema NNS.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de Fischer Sports
Categoría:Empresas de Austria