miniatura|Unha praza de Santa Rosa.

Santa Rosa é unha cidade dos Estados Unidos de América, capital do condado de Sonoma, en California.

Situada no val de Sonoma, a unha altitude de 50 msm, ocupa unha superficie de 107.48 km². No ano 2014 tiña unha poboación de 174,170 habitantes.

A cidade foi fundada en 1833 e declarada cidade o 26 de marzo de 1868, desenvolvéndose como un centro de procesamento e embarque dos produtos agrícolas do val de Sonoma. A súa economía depende dos servizos ao detalle de subministracións para unha crecente poboación residente.

A cidade foi a morada da casa e xardíns do horticultor Luther Burbank. Cerca de alí atópase o monumento a Jack London.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades de California