José Ángel Penas García, nado en Toques en 1980, é un político galego do BNG.

Traxectoria Enxeñeiro técnico agrícola. Nas eleccións municipais de 2003 foi o número 3 da Agrupación Independentes por Toques, encabezada por Miguel Ángel Buján Varela, e foi concelleiro na oposición logo de que o cabeza de lista non recollese a súa acta por incompatibilidade coa súa praza de funcionario no concello. Nas eleccións municipais de 2007 os membros da candidatura independente repartíronse entre o PSdeG (Buján Varela), mentres que Penas e outros optaron polo BNG, da cal foi o número 2 da súa candidatura, se ben nesta ocasión non resultou elixido. Foi candidato á alcaldía en 2011 e logrou 2 concelleiros, permanecendo na oposición ante o goberno entre populares e independentes.

Nas eleccións municipais de 2015 encabezou de novo a candidatura nacionalista e logrou de novo 2 edís, sendo elixido alcalde co apoio dos tres concelleiros do PSdeG-PSOE. En xaneiro de 2018 cedeulle a alcaldía ao candidato do PSdeG Miguel Ángel Buján Varela, en virtude do pacto de goberno alcanzado por ambas as formacións. Nas eleccións municipais de 2019 a candidatura do BNG obtivo catro concelleiros, por tres do Partido Popular e dous do PSdeG, volvendo a repartirse a alcaldía entre socialistas e nacionalistas. O candidato socialista, Buján Varela, ocupouna até o 18 de xuño do 2021, pasando naquel momento novamente a Penas. Nas eleccións municipais de 2023 acadou novamente a alcaldía, esta vez con maioría absoluta, ao obter 6 dos 9 concelleiros da corporación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Toques

Ligazóns externas El PSdeG recoge el testigo del BNG en la alcaldía de Toques con Miguel Buján PSOE y BNG volverán a repartirse la Alcaldía de Toques (A Coruña) dos años cada uno El BNG recupera después de cuatro años la alcaldía de Toques

Categoría:Alcaldes de Toques Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Toques