Manuel Adán López, nado en Santiso en 1968, é un político galego do BNG.
Traxectoria Traballou como enxeñeiro técnico agrícola na Xunta de Galicia. Dende os anos 90 formou parte das sucesivas candidaturas BNG en Santiso, se ben foi elixido concelleiro ata que en 2011 encabezou a candidatura. Nese último ano formou goberno de coalición co PSdeG-PSOE e con Independientes por Santiso,PSOE, BNG e independientes se alían en Santiso y mandan al alcalde del PP a la oposición La Voz de Galicia, 27/05/2011 ., encabezado polo socialista Fernando Suárez Cortiñas. En xullo de 2013 pasou a ser alcalde por acordo no pacto de goberno que implicaba que o cabeza de lista socialista lle cedería o bastón de mando a metade de mandatoEl PSdeG cede al Bloque la alcaldía de Santiso La Voz de Galicia, 10/07/2013 . Nas eleccións municipais de 2015 encabezou novamente a candidatura do BNG en Santiso e foi a forza máis votada con 4 concelleiros, polo que revalidou a alcaldía establecendo un pacto de goberno cos socialistas.
Nas eleccións municipais de 2019 obtivo 6 concelleiros, acadando a maioría absoluta.Concello de Santiso na FEGAMP Nas comicios de 2023 ampliou a maioría absoluta ata os 7 concelleiros.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Santiso
Categoría:Alcaldes de Santiso Categoría:Alcaldes de Galicia polo BNG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Santiso
Categoría:Nados en 1968