Universitarios. Revista de la F.U.E. foi unha publicación que xurdiu e se desenvolveu durante os anos da II República (1932 e 1933) en Santiago de Compostela. Constou soamente de dous números e definíase coma unha revista de cultura, “revista universitaria, en el amplio y noble sentido de la palabra”.

Contexto histórico e social En España, nos últimos anos da Ditadura de Primo de Rivera (1923-30), había descontento e oposición de moitos sectores sociais. Á par disto, os graves problemas económicos remataron por desencadear a crise e fin do réxime, e a instauración da Segunda República Española.

Neste contexto de axitación social e política, a comunidade estudantil era unha das que erguía a voz contra o réxime e comezaba a mobilizarse co fin de mellorar o eido académico. Os estudantes opoñíanse aos vellos modelos universitarios e demandaban a modernización e apertura da Universidade de Santiago de Compostela e a galeguización dos estudos superiores.

As diferentes iniciativas que os universitarios organizaron deron o seu froito:

A chegada das primeiras rapazas á Universidade de Santiago de Compostela, institución que ata 1925 era moi tradicional e que estaba de costas á realidade galega. Creación da Facultade de Filosofía e Letras en 1922 na USC, tras anos dunha insistente campaña por parte de diferentes sectores galeguistas, universitarios e mais polo Concello de Santiago. Gallaecia Fvlget (1495-1995). Cinco séculos de historia univerisitaria páxina 508. Traballos e actividades realizados polo Seminario de Estudos Galegos, co fin de estudar as diferentes vertentes da realidade cultural galega formando investigadores e fomentando o estudo científico de Galicia e da súa cultura dende o ámbito universitario. Estableceuse a cooficialidade do galego e do castelán en tódolos campos da vida pública. Isto foi apoiado por El Pueblo Gallego.

A F.U.E.

miniatura|300px|Cunqueiro, Fernández del Riego e Carballo Calero. A Federación Universitaria Escolar (F.U.E.) fundouse en Madrid no ano 1927. Foi a protagonista no ensino universitario, pola organización de mobilizacións en contra do réxime, sobre todo nos últimos anos da ditadura de Primo de Rivera e nos primeiros da década dos 30. O seu obxectivo era renovar e modernizar os estudos superiores en España.

No ano 1929, a organización constituíuse en Santiago de Compostela co fin de unir aos estudantes que neses días participaban en protestas e mobilizacións. Algúns deses estudantes que acabaron por formar parte da F.U.E. foron Ricardo Carballo Calero, Luís Seoane ou Álvaro Cunqueiro.

A revista A revista Universitarios. Revista de la F.U.E. foi unha publicación vinculada á Federación Universitaria Escolar e na que a presenza e colaboración de membros da USC –estudantes e profesores– foi moi importante. Universitarios, da editorial Nós, só publicou dous números e o prezo era de 50 ctms. de peseta.

O equipo directivo da revista non consta, mais Francisco Fernández del Riego afirmaba desempeñar a función de director da mesma.

As linguas empregadas eran o castelán e o galego, con predominio da primeira, e a temática era docente, cultural e académica, e a xuventude e a universidade eran un dos seus eixes. No interior destes dous números pódense atopar poesías, prosa narrativa ou artigos relacionados co folclore e figuras históricas de Galicia, entre outros temas.

Os números orixinais desta publicación atópanse no Museo do Pobo Galego.

Número 1 O primeiro número da revista publicouse o 15 de marzo de 1932.El Compostelano, 11-3-1932, p. 2. Constaba de 18 páxinas, máis 12 do suplemento e máis dúas de publicidade -sen paxinar-, que facían un total 32 páxinas. O formato de páxina deste primeiro número era de 25,5 x 17,5 cm.

A revista abría cunha ‘presentación’, onde se poñía de manifesto que Universitarios era “una revista de estudiantes y para estudiantes”. Os colaboradores eran estudantes e profesores da Universidade de Santiago, así como tamén membros da F.U.E.

Das oito colaboracións, dúas delas estaban escritas en galego. O Suplemento de 12 páxinas estaba ocupado por unha mostra anónima da literatura universal de todos os tempos, dividida por épocas e países. Por último, nas dúas páxinas de publicidade sen numerar anunciábanse profesionais do ámbito do dereito e da medicina así coma establecementos comerciais.

Cabe destacar deste número o predominio do castelán con respecto ao uso do galego. Tamén o reducido número de ilustracións, elementos característicos do selo editorial Nós.

A creación desta revista foi apoiada e recibida con entusiasmo por outras publicacións, coma El Pueblo Gallego, un xornal vigués que dicía que Universitarios era “una promesa juvenil de gente joven”.

Número 2 O segundo e derradeiro número da revista publicouse en xaneiro de 1933. Constaba de 26 páxinas e dúas de publicidade -sen paxinar-, que facían un total 28 páxinas. O formato de páxina deste segundo número era máis amplo que o anterior: 27,5 x 19,5 cm.

Este número 2 levaba na cuberta un debuxo de Luís Seoane e dá paso ao sumario e ‘limiar’, no que se explica o propósito desta publicación: “aprehender en sus páginas el esfuerzo común de todo cuanto signifique juventud y Universidad”. Segue a isto un texto escrito polo reitor da USC, Alejandro Rodríguez Cadarso, no que animaba os estudantes a colaborar na campaña cultural que a república desenvolve no medio rural.

Figuran 22 colaboracións -prosa e verso- das cales oito están en galego. A estes textos hai que engadir a sección ‘Archivo Bibliográfico’, onde aparecen recensionados varios libros, e tamén hai notas e comentarios de Resol, Cristal, Galiza, Nós e Yunque –revistas coetáneas–. Aparecen dúas novas seccións: ‘Vida universitaria’, dedicada a noticias e comentarios sobre a Universidade, e ‘Chinitas’, de carácter crítico e ton irónico-burleiro.

Por último, e como no primeiro número, nas dúas páxinas de publicidade anunciábanse profesionais de distintos ámbitos: doce anuncios, entre os que destaca o da Librería Cervantes.

Con respecto ao número anterior, o incremento do uso do galego é notable, coma tamén é acusado o aumento de ilustracións e pequenos debuxos, que identifican a revista da F.U.E. como unha máis das que saíron do prelo de Nós. Por isto, o segundo número considérase máis completo e coidado que o primeiro.

Porén, a vida de Universitarios foi efémera e a pesar de ter xa preparado o terceiro número, por razóns de financiamento, este nunca saíu á luz.

Colaboradores e ilustradores

Os colaboradores desta publicación apoiaban o movemento do galeguismo universitario e pertencían ao ámbito académico da USC, ben sendo estudantes ou ben profesores. Participaban tamén membros da F.U.E. e incluso figuras que escribían noutras publicacións da época. Universitarios deu voz á xuventude e foi un medio de difusión de cultura e ideas.

Os artigos e autores que colaboraron na revista foron:

Nas dúas revistas Ricardo Carballo Calero: A Maruxa Abad, pol-os seus bucles mortos (poema), nº1, pp. 17–18 e Pedra alume (poema), nº2, p. 5. Gómez Naveira, Camilo: Tesis y antítesis, nº1, pp. 7–8 e El clasicismo en la angustia, nº2, p. 11.

Na revista número 1 Álvarez Zurimendi, Mariano: Evolución de la Facultad de Ciencias, nº1, pp. 2–5. C.M.B.: Sobre la escuela pública. Algunos aspectos, nº1, pp. 10–12. Calvo Alfageme, Álvaro: Importancia de la asignatura, nº1, pp. 8–9. La Redacción: Presentación, nº1 (s.p.) Lourenzo, Xurxo: Vieiros pro estudo da Galiza medieval, nº1, pp. 12–14. Martínez Barbeito, Carlos: La exposición de Carlos Maside. En el casino de Vigo, nº1, pp. 15–16. S.S.: La representación escolar en los claustros, nº1, pp. 5–7. S.S.: Obras escogidas de la literatura universal. (Suplemento), nº1, 12 páxinas.

Na revista número 2 Fermín Bouza Brey: Parranda mariñeira (poema), nº2, p. 14. Carpintero, Bautista Francisco: La Universidad y los deportes, nº2, p. 20. Cuadrado, Arturo: Una mujer en la Universidad, nº2, p. 4 Álvaro Cunqueiro: Centenarios extraños. Pedro Bernardo Díaz, nº2, pp. 15–16. Doval González, Antonio: Infragreguerías, nº2, pp. 16–17. Francisco Fernández del Riego: Esprito de Prisciliano: alma da raza, nº2, pp.(6)-7. Fraguas, A.: O pazo, nº2, p. 9. Gorlin, Michael: La Universidad (poema), nº2, p. 5. Hermida, María de los Ángeles: El deber de la mujer universitaria, nº2, p. 13. Jorge Etcheverry, Ángel: Medicina y tradición popular en Galicia, nº2, pp. (8)-9. Martín Sauras, J.: Las colectividades en España, nº2, p. 7. Montequi, R.: Signos de los tiempos, nº2, pp.(12)-13. Outeiro Espasandín: Costa aberta (poema), nº2, p.(10). R.C.C.: Encol da inademisibilidade teórica da instituzón do Jurado, nº2, pp. (3)-4. Alejandro Rodríguez Cadarso: Limiar, nº2, pp.(1)-2. Rolán Vicente, F.: Tiempo-luz y sombra (poema), nº2, p.(10). S.S.: Archivo bibliográfico. –Vida universitaria. –Chinitas, nº2, pp. 21–26. Solobio: Tu sola me piaci, nº2, p. 19. Viqueira, J.V.: La canción gallega, nº2, pp. (18)-19

No que ten que a ver coas ilustracións, tres foron os autores que adornaron estes dous números: Luís Seoane: debuxo na páxina 11 do número 1 e debuxo na cuberta do número 2. Colmeiro: serie de viñetas e pequenos debuxos no número 2 . Bernardino Vidarte: copia dun debuxo de Pedro Bernardo, tamén no número 2 (p. 15).

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Cuquejo Enríquez, María e Alonso Girgado, Luís (editores) (2005). Universitarios (revista de la FUE). CRPIH e BVMC

Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Universidade de Santiago de Compostela Categoría:1932 en Galicia Categoría:1933 en Galicia Categoría:Grupo Nós Categoría:Francisco Fernández del Riego Categoría:Revistas españolas do século XX