miniatura|Exame dunha radiografía A radioloxía é a especialidade médica que se ocupa de xerar imaxes do interior do corpo mediante diferentes axentes físicos (raios X, ultrasóns, campos magnéticos, entre outros) e de empregar estas imaxes para o diagnóstico e, en menor medida, para o prognóstico e o tratamento das doenzas. Tamén é chamada xenericamente radiodiagnóstico ou diagnóstico por imaxe.

A radioloxía debe distinguirse da radioterapia, que non emprega imaxes, senón que emprega directamente a radiación ionizante (raios X de maior enerxía que os empregados para diagnóstico, e tamén radiacións doutro tipo) para o tratamento das doenzas (por exemplo, para deter ou frear o crecemento dos tumores que son sensibles á radiación).

Técnicas máis empregadas miniatura|Realización dunha mamografía. Radiografía: Irradia os pacientes con raios X e observa os resultados en películas ou outros soportes. Mamografía: unha radiografía do Parénquima mamario das mulleres para realizar imaxes. Tomografía computadorizada (TC), e antigamente TAC: Bombardea radioactividade con raios X para visualizar as estruturas anatómicas en forma de tallos en planos sucesivos. Anxiografía: Co obxectivo de visualizar o interior dos vasos sanguíneos, engádeselle dentro do corpo un contraste radioopaco, que absorve a radiación X para que sexa visible na radiografía antes de bombardealo cos raios X. Densitometría ósea: Tamén emprega a inxección de contraste radioactivo para producir imaxes do tecido óseo. Emprega o isótopo radioactivo gadolinio 132 e os raios X de enerxía dual. Imaxe por resonancia magnética: emprega a enerxía radiante para producir imaxes. Ecografía ou ultrasonografía: Baséase na emisión de ondas sonoras fóra da banda audible e a captación dos seus ecos para formar a imaxe.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Radioloxía en DMOZ

Categoría:Especialidades médicas