Jordi Cruz Mas, nado en Manresa, Barcelona, o 29 de xuño de 1978, é un cociñeiro español. Dende o ano 2010 é o chef titular do restaurante ABaC de Barcelona, que dende 2017 ten o recoñecemento de 3 estrelas Michelin.

Traxectoria miniatura|ABaC Restaurant i Hotel, na Avenida Tibidabo, 1. Realizou estudos de cociña na Escola Superior de Hostalaría de Manresa. Ós 14 anos empezou a traballar no restaurante Estany Clar de Cercs (Barcelona), establecemento onde recibiu a súa primeira estrela Michelin en novembro de 2004, converténdose ós seus 26 anos no chef máis novo de España, e no segundo do mundo, en recibir esta distinción. Rexenta o restaurante ABaC de Barcelona.

En 2014 e 2016 participou nas Badaladas de Noitevella na 1 (parte de Televisión Española) xunto a Pepe Rodríguez e Anne Igartiburu. En 2014 propúxose baixar de peso para ter unha mellor saúde movido polo reto proposto por Men's Health, baseándose en deporte e unha boa dieta. Baixou entre dez e vinte quilos e apareceu na portada da revista Men's Health.

Colabora no programa MasterChef España, do que é xurado xunto con Samanta Vallejo-Nágera e Pepe Rodríguez e tamén na versión infantil, MasterChef Junior España.

Televisión MasterChef, (2013-presente) en La 1. Campanadas Fin de Año, (2013-2014) en La 1. MasterChef Junior, (2013-presente) en La 1. El hormiguero 3.0, (2015) en Antena 3. Mi casa es la tuya, (2015) en La 1. Campanadas Fin de Año, (2016-2017) en La 1. MasterChef Celebrity, (2016-presente) en La 1. Chester in love, (2017) en Cuatro.

Notas

Categoría:Nados en 1978 Categoría:Nados en Manresa Categoría:Cociñeiros de España Categoría:Presentadores de televisión de Cataluña