O Circuíto de Guadarrama foi un circuíto de carreiras que transcorría pola Serra de Guadarrama entre as provincias de Madrid e Segovia por vías públicas. Usouse na primeira edición do Gran Premio de España en 1913.
Gran Premio de España de 1913 O Gran Premio de España de 1913 organizouno o RACE sendo o promotor Afonso XIII. O trazado transcorría polas localidades de La Granja, Navacerrada, cruzamento da estrada da estación de Villalba a Segovia coa de Madrid a A Coruña, Guadarrama, Alto del León, San Rafael, Revenga, Segovia e La Granja cun total de 309 km de lonxitude. O vencedor foi Don Carlos de Salamanca a bordo dun Rolls-Royce de 40 cv de potencia, que completou nun tempo de tres horas, trinta e catro minutos e once segundos. A proba non se volveu a realizar ata 1923, xa no circuíto de Sitges-Terramar.
XII Horas de Guadarrama
Na década de 1920 celebráronse alí durante varios anos as XII Horas de Guadarrama, que quizais foi a primeira proba de resistencia de España antes das celebradas en Lasarte. Motos, sidecars e autociclos competiron nesa proba sen pechar o tráfico rodado durante o transcurso da proba. O trazado utilizado foi o mesmo que en 1913, só que sen pasar por Segovia e trasladando a meta de San Ildefonso ata Guadarrama.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Gran Premio de España
Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Circuítos de carreiras de España Categoría:Gran Premio de España de Fórmula 1