O Gran Premio do Brasil de 1990 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula 1, celebrada o 25 de marzo de 1990 no circuíto de Interlagos de São Paulo. Foi a segunda carreira da tempada de e tamén foi o décimo noveno Gran Premio do Brasil e o noveno en Interlagos. O circuíto de São Paulo non albergaba o Gran Premio desde 1980 e o circuíto foi amplamente renovado e a lonxitude do circuíto reducida case á metade. A carreira disputouse sobre 71 voltas ao circuíto de catro quilómetros (fronte a 40 nas carreiras do circuíto orixinal), para unha carreira de 307 quilómetros.
A carreira foi gañada por sexta vez polo campión do mundo reinante Alain Prost pilotando un Ferrari 641. O triunfo ampliou a marca de Prost como máximo vencedor do Gran Premio do Brasil. A marxe de vitoria de Prost foi de 13 segundos sobre o piloto austríaco Gerhard Berger que pilotaba un McLaren MP4/5B. O compañeiro de equipo de Berger, Ayrton Senna, foi terceiro.
Resumo da carreira
Cualificación O circuíto reconstruído que era a sede da carreira por primeira vez desde alterouse drasticamente, a pista fora acurtada en 3´5 km e perdeu moitas curvas rápidas e a recta Retao, que permitía aos pilotos de Fórmula 1 usar o acelerador a fondo durante 20 segundos.
Na pre-cualificación, o equipo de Life Racing Engines viu ao seu coche estalar a 400 metros logo de saír dos boxes, Gary Brabham afirmou que os mecánicos estaban en folga e negáranse a poñer gasolina no coche.
O heroe local Ayrton Senna logrou a súa 43ª pole position na carreira e liderou desde o principio. Gianni Morbidelli cualificou por primeira vez na súa carreira na Fórmula Un.
Carreira Logo de cualificarse, o piloto de Williams Thierry Boutsen, 3º na grella, predixo que a Scuderia Ferrari na 3ª fila da grella serían os coches a bater, citando a súa transmisión semiautomática e o seu cambio semiautomático que permitían a Alain Prost e Nigel Mansell manter as súas mans no volante ao redor das curvas cheas de fochancas na parte posterior do circuíto.
Na primeira curva, Jean Alesi, Alessandro Nannini e Andrea de Cesaris engancháronse, eliminando a de Cesaris e obrigando ao piloto de Benetton a deterse para cambiar o morro. Na volta 8, Boutsen pasou a Berger para o segundo lugar, e Prost no Ferrari adiantou ao piloto de McLaren na volta 17. Mansell entrou nos boxes na volta 27 para poñer pneumáticos novos e tamén para inspeccionar unha barra estabilizadora rota, reincorporándose no noveno lugar.
A parada en boxes de Boutsen na volta 30 foi un desastre. Falláronlle os freos, e no pitlane, o Williams non puido parar e estrelouse contra un montón de pneumáticos que o equipo tiña apilados fora do garaxe. Isto requiriu un novo morro e cando reincorporouse, estaba na 11ª posición.
Prost presionaba, na volta 35 puxérase segundo a 10 segundos de Senna, e estaba agora por diante de Riccardo Patrese, Berger e Nelson Piquet. Cando Senna achegouse ao seu excompañeiro de equipo en Lotus, Satoru Nakajima, contactaron e o McLaren tivo que entrar en boxes a poñer un morro novo. Reincorporouse e loitou duramente, pero os reducidos niveis da carga aerodinámica fixeron o coche difícil conducir. Na volta 66, Patrese retirouse co refrixerador de aceite roto.
Prost obtivo o seu 40ª vitoria, e a súa primeira con Ferrari, por diante de Berger e un recuperado Senna. Mansell terminou nun excelente 4º, logo de conducir a través da pista cunha barra estabilizadora rota. Boutsen finalizou nun meritorio 5º posto e Piquet logrou o último punto fronte ao seu público en casa logo de pasar a Alesi, que sufría un severo desgaste dos pneumáticos logo de intentar correr sen parar cos seus Pirelli, na última volta.
Clasificación
Pre Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Tempo diferenza 1 29 Éric Bernard Lola-Lamborghini 1:23.763 — 2 30 Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 1:23.982 +0.219 3 14 Olivier Grouillard Osella-Ford 1:23.987 +0.224 4 18 Yannick Dalmas AGS-Ford 1:24.015 +0.252 5 17 Gabriele Tarquini AGS-Ford 1:24.265 +0.502 6 33 Roberto Moreno EuroBrun-Judd 1:25.763 +2.000 7 31 Bertrand Gachot Coloni-Subaru 1:34.046 +10.283 8 34 Claudio Langes EuroBrun-Judd 1:39.188 +15.425 9 39 Gary Brabham Life — —
Cualificación Pos Nº Piloto Construtor Q1 Q2 Diferenza 1 27 Ayrton Senna McLaren-Honda 1:17.769 1:17.277 — 2 28 Gerhard Berger McLaren-Honda 1:17.888 1:18.504 +0.611 3 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 1:18.375 1:18.150 +0.873 4 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 1:18.465 1:18.288 +1.011 5 2 Nigel Mansell Ferrari 1:18.509 1:19.475 +1.232 6 1 Alain Prost Ferrari 1:18.631 1:18.884 +1.354 7 4 Jean Alesi Tyrrell-Ford 1:19.230 1:18.923 +1.646 8 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 1:19.039 1:19.688 +1.762 9 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 1:19.125 1:19.964 +1.848 10 26 Philippe Alliot Ligier-Ford 1:19.309 — +2.032 11 29 Éric Bernard Lola-Lamborghini 1:19.406 1:21.024 +2.129 12 8 Stefano Modena Brabham-Judd 1:19.425 1:20.126 +2.148 13 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 1:19.629 1:20.317 +2.352 14 12 Martin Donnelly Lotus-Lamborghini 1:20.032 — +2.755 15 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 1:20.055 1:20.317 +2.778 16 21 Gianni Morbidelli Dallara-Ford 1:20.164 1:20.229 +2.887 17 24 Paolo Barilla Minardi-Ford 1:20.282 1:21.121 +3.005 18 30 Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 1:20.557 1:21.086 +3.280 19 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Ford 1:20.568 1:21.086 +3.291 20 25 Nicola Larini Ligier-Ford 1:20.650 1:20.794 +3.373 21 14 Olivier Grouillard Osella-Ford 1:21.292 1:20.884 +3.607 22 7 Gregor Foitek Brabham-Judd 1:20.965 1:20.902 +3.625 23 9 Michele Alboreto Arrows-Ford 1:20.920 1:21.002 +3.643 24 11 Derek Warwick Lotus-Lamborghini 1:21.244 1:20.998 +3.721 25 10 Alex Caffi Arrows-Ford 1:21.065 1:22.057 +3.788 26 18 Yannick Dalmas AGS-Ford 1:22.426 1:21.087 +3.810 27 35 Stefan Johansson Onyx-Ford 1:21.241 1:22.184 +3.964 28 36 JJ Lehto Onyx-Ford 1:21.323 1:21.417 +4.046 29 16 Ivan Capelli Leyton House-Judd 1:21.383 1:21.422 +4.106 30 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Judd 1:21.616 1:22.862 +4.339
Carreira Pos Nº Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos 1 1 Alain Prost Ferrari 71 1:37:21.258 6 9 2 28 Gerhard Berger McLaren-Honda 71 +13.564 2 6 3 27 Ayrton Senna McLaren-Honda 71 +37.722 1 4 4 2 Nigel Mansell Ferrari 71 +47.266 5 3 5 5 Thierry Boutsen Williams-Renault 70 +1 volta 3 2 6 20 Nelson Piquet Benetton-Ford 70 +1 volta 13 1 7 4 Jean Alesi Tyrrell-Ford 70 +1 volta 7 8 3 Satoru Nakajima Tyrrell-Ford 70 +1 volta 19 9 23 Pierluigi Martini Minardi-Ford 69 +2 voltas 8 10 19 Alessandro Nannini Benetton-Ford 68 Picada 15 11 25 Nicola Larini Ligier-Ford 68 +3 voltas 20 12 26 Philippe Alliot Ligier-Ford 68 +3 voltas 10 13 6 Riccardo Patrese Williams-Renault 65 Presión aceite 4 14 21 Gianni Morbidelli Dallara-Ford 64 +7 voltas 16 Ret 10 Alex Caffi Arrows-Ford 49 Embrague 25 Ret 12 Martin Donnelly Lotus-Lamborghini 43 Trompo 14 Ret 8 Stefano Modena Brabham-Judd 39 Trompo 12 Ret 24 Paolo Barilla Minardi-Ford 38 Motor 17 Ret 18 Yannick Dalmas AGS-Ford 28 Suspensión 26 Ret 11 Derek Warwick Lotus-Lamborghini 25 Eléctrico 24 Ret 30 Aguri Suzuki Lola-Lamborghini 24 Suspensión 18 Ret 9 Michele Alboreto Arrows-Ford 24 Suspensión 23 Ret 7 Gregor Foitek Brabham-Judd 14 Transmisión 22 Ret 29 Éric Bernard Lola-Lamborghini 13 Caixa de cambio 11 Ret 14 Olivier Grouillard Osella-Ford 8 Colisión 21 Ret 22 Andrea de Cesaris Dallara-Ford 0 Colisión 9 NSC 35 Stefan Johansson Onyx-Ford NSC 36 JJ Lehto Onyx-Ford NSC 16 Ivan Capelli Leyton House-Judd NSC 15 Maurício Gugelmin Leyton House-Judd NSCP 17 Gabriele Tarquini AGS-Ford NSCP 33 Roberto Moreno EuroBrun-Judd NSCP 31 Bertrand Gachot Coloni-Subaru NSCP 34 Claudio Langes EuroBrun-Judd NSCP 39 Gary Brabham Life
Posicións logo da carreira
Clasificación no campionato de pilotos PosPilotoPuntos 1 Ayrton Senna 13 2 Alain Prost 9 3 Jean Alesi 6 4 Gerhard Berger 6 5 Thierry Boutsen 6
Clasificación do campionato de construtores Pos Construtor Puntos 1 McLaren-Honda19 2 Ferrari12 3 Tyrrell-Ford7 4 Williams-Renault6 5 Benetton-Ford4
Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1990
Brasil Categoría:Gran Premio do Brasil de Fórmula 1