As iridáceas (Iridaceae) son unha familia de plantas perennes, herbáceas e bulbosas monocotiledóneas pertencentes á orde Asparagales. A familia conta con máis de 2 000 especies, que se distribúen por case todo o mundo, e é unha das familias máis importantes en horticultura. Xéneros como Crocus e Iris son compoñentes predominantes das floras de varias rexións de Eurasia, e Iris está moi ben representado en Norteamérica. Gladiolus e Moraea son xéneros moi amplos e compoñentes principais da flora subsahariana e surafricana. Sisyrinchium, con máis de 140 especies, é o xénero de iridáceas máis diversificado en América, onde tamén se encontran outros membros da familia, moitos dos cales son importantes na floricultura tropical.
Actualmente recoñécense 66 xéneros que se distribúen en sete subfamilias e ocupan unha gran variedade de hábitats. A maioría das especies está adaptada a climas estacionais que teñen un período de pronunciada seca ou frío desfavorables para o crecemento vexetal, durante o cal as plantas permanecen latentes. Por esa razón, a maioría das iridáceas son de folla caduca, xa que as súas partes aéreas (follas e talos) secan mentres que o bulbo ou o cormo entra en letargo ou dormencia. As plantas así sobreviven períodos que non son favorables para o crecemento refuxiadas baixo o chan. As especies de iridáceas de folla perenne limítanse aos bosques subtropicais e ás sabanas, ás pradeiras temperadas e aos fynbos húmidos (ecosistema arbustivo surafricano).
Descrición miniatura|Follas equitantes en Neomarica longifolia. miniatura|Detalle da flor de Sisyrinchium bellum; nótese que nesta especie ambos os verticilos de tépalos son similares. miniatura| Neomarica northiana é unha especie que mostra moitas diferenzas no tamaño e forma dos dous verticilos de tépalos. miniatura| Watsonia pyramidata, nótese a corola tubular. miniatura| Gladiolus illyricus, unha especie europea que presenta flores cigomorfas.
As iridáceas son plantas xeralmente herbáceas e perennes, raramente anuais ou arbustivas leñosas con crecemento secundario anómalo. A follaxe pode manterse todo o ano ou pode secarse nalgunha estación para logo rebrotar, polo que as iridáceas poden ser perennifolias ou caducifolias. Excepcionalmente, como é o caso de Geosiris, non presentan clorofila, xa que os membros deste xénero son plantas saprofíticas. Os talos son rizomas, cormos ou bulbos, ou un cáudice leñoso. Presentan grandes cristais prismáticos de oxalato de calcio nos feixes vasculares das vaíñas e taninos ou varios tipos de terpenoides. Os pelos que cobren varios órganos aéreos son simples.
As follas son simples, de marxe enteiro, delgadas e en xeral lineares ou ensiformes, paralelinervadas, alternadas e dísticas, moitas veces equitantes, e con lámina unifacial (co plano da folla paralelo ao talo) ou cilíndrica (circulares no corte transversal), situadas ao longo do talo ou basais, de base envaiñadora, sen estípulas. En Geosiris as follas son só escamas e non presentan clorofila.
As flores da maior parte das iridáceas son grandes e rechamantes, perfectas, isto é, son hermafroditas con órganos femininos e masculinos funcionais. Ademais, son pentacíclicas, xa que posúen cinco verticilos de pezas florais: dous deles constitúen o perigonio, un verticilo forma o androceo e o último verticilo forma o xineceo. Con respecto á súa simetría, as flores das iridáceas poden ser de cigomorfas a actinomorfas, xa que presentan desde un a varios planos de simetría. Poden estar sostidas por un pedicelo, ou ben, ser sésiles. En xeral están encerradas por unha ou dúas brácteas. O perigonio está composto por tres pezas externas de sépalos petaloideos e tres pezas internas de pétalos, os cales se denominan tépalos, xa que non difiren en canto á súa textura ou cor. Porén, o perigonio pode ser homoclamídeo (Sysirinchium) ou heteroclamídeo (Moraea, Iris, Trimezia) segundo se a forma dos tépalos externos difire da dos tépalos internos ou non. Os tépalos internos poden ser máis pequenos e máis erectos que os externos, como no caso de moitas especies de Iris e algunhas de Moraea, estar moi reducidos e curvados cara a abaixo, como no caso dos membros do subxénero Scorpiris; ou directamente poden faltar, como ocorre en Patersonia. Os tépalos xeralmente son grandes, imbricados, vistosos, ás veces punteados, e poden ser libres ou estar unidos nas súas bases, ou ata formar un tubo prominente no caso dos membros de Ixioideae, que pode ter unha lonxitude de ata 20 cm como no caso de Iris unguicularis. Os tépalos externos nas tribos Irideae e Tigrideae poden diferenciarse en dúas porcións e a porción proximal denomínase «garra». As garras, especialmente nos tépalos internos, son frecuentemente pilosas e están cubertas de manchas ou marcas e, a miúdo, están cubertas de glándulas. Nos tépalos externos das especies do subxénero Iris atópanse as guías de néctar, as cales están cubertas de pelos longos e multicelulares que forman o que se coñece como «barba». O androceo está formado por tres estames, excepcionalmente só dous como en Diplarrhena, os cales están inseridos na base dos tépalos externos. Os estames poden dispoñerse separados entre si ou estar unidos polos seus filamentos formando un tubo, o que conforma un androceo monadelfo. A posición dos estames é variable, xa que poden dispoñerse radial ou unilateralmente. As anteras ás veces están unidas ás ramas do estilo, son de dehiscencia lonxitudinal e extrorsa ou poricida. O pole normalmente é monosulcado. O xineceo está constituído por tres carpelos unidos entre si e é de ovario ínfero, a excepción de Isophysis que posúe ovario súpero e que é unha das razóns polas cales está segregado na súa propia subfamilia, Isophysidae. O ovario presenta tres cavidades ou lóculos, cada un dos cales leva desde un a varios óvulos con placentación axilar e, máis raramente, parietal. Os óvulos adoitan ser anátropos ou campilótropos e bitégmicos. O estilo é filiforme, terminal, usualmente con tres ramas ou con tres lóbulos, as ramas ás veces están expandidas e son petaloideas, como ocorre en moitas especies de Iridoideae. O estigma é trífido, ás veces bífido, terminal ou ben, disposto na cara abaxial das ramas do estilo. Os nectarios están nos septos do ovario, na base dos tépalos externos, nos tépalos internos (Tigridia), na base dos estames (Iris) ou tamén poden estar ausentes, como no xénero Sisyrinchium.
As flores son solitarias ou ben están situadas en varios tipos de inflorescencias terminais xeralmente sostidas por unha bráctea. Os tipos de inflorescencia poden ser umbelas, ripidios, moitas veces moi modificadas, ou espigas. Os ripidios están cubertos por dúas brácteas (espatas) opostas, usualmente grandes, foliosas ou secas. Cada unha das flor das espigas presenta dúas brácteas opostas. En Geosiris a inflorescencia é subterránea.
O froito é unha cápsula loculicida normalmente dehiscente, pode ser dura ou cartilaxinosa e en ocasións leñosa. As sementes poden ser de globulares a angulosas (en forma de prisma) ou mesmo discoidais e poden presentar ás, arilo ou unha cuberta seminal, normalmente con estrutura celular e de ton acastañado. O endosperma é duro e contén hemicelulosa, aceite e proteína. No seu interior sitúase un pequeno embrión.Dimitri, M. 1987. Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires.
Ecoloxía
Distribución e hábitat As especies desta familia están amplamente distribuídas, e son especialmente diversas no sur de África. Ocupan hábitats moi diversos, tanto en climas tropicais e subtropicais coma temperados. A maioría das especies de Iridaceae están adaptadas a climas estacionais que presentan períodos excesivamente secos ou fríos, desfavorables para o crecemento vexetal, nos cales estas plantas entran en repouso. De feito, a maioría das especies son caducifolias. As especies perennifolias están restrinxidas na súa distribución aos bosques subtropicais, as sabanas e estepas temperadas. Nas especies deciduas, a parte aérea (talos e follas) seca durante o período desfavorable e as plantas entran en repouso grazas a que posúen órganos subterráneos de supervivencia e de reserva de nutrientes (rizomas, bulbos e cormos). Esta adaptación é especialmente vantaxosa para todas as iridáceas que habitan comunidades que soportan incendios periódicos durante a estación seca. Nestes períodos, as plantas están en repouso e dese modo sobreviven á calor do lume. Os incendios limpan de vexetación da superficie, eliminando a competencia e, ademais, achegan nutrientes ao solo a través das cinzas. Cando caen as primeiras chuvias, os bulbos, cormos e rizomas comezan a brotar rapidamente, iniciando un novo período de crecemento e desenvolvemento, sostido polas reservas acumuladas nos seus tecidos durante a estación previa.
Polinización e dispersión
As iridáceas presentan unha gran variabilidade na súa ecoloxía reprodutiva e unha gran diversidade de tipos e estruturas florais debidas á adaptación á polinización por animais (zoofilia).Goldblatt, P., P. Bernahrdt, and J. C. Manning. 2002. Floral biology of Romulea (Iridaceae: Crocoideae): a progression from a generalist to a specialist pollination system. Adansonia sér. 3, 24(2): 243–262. A maioría das especies son entomófilas e son polinizadas por diversas ordes de insectos (especialmente escaravellos, abellas e moscas), mentres que outras son polinizadas por paxaros (ornitófilas). As recompensas florais para os animais son néctar ou pole.
As sementes normalmente son dispersadas polo vento ou auga, pero tamén ocorre dispersión biótica.
A maioría das especies que compoñen este xénero florecen en verán, cando as follas xa están secas. As flores, actinomorfas ou cigomorfas, son usualmente de cor rosa ou vermella, mais tamén hai especies con flores de cor branca, amarela, marrón ou crema. O xénero presenta dous números cromosómicos básicos, x= 15 e 16.
A bioloxía da polinización de Tritoniopsis é bastante sorprendente. Hai especies no xénero que presentan flores cos tépalos unidos nas súas bases formando un tubo curto de cor rosa que son polinizadas por abellas que buscan néctar. A partir destes caracteres florais, considerados ancestrais, derivaron varios modos máis especializados de polinización durante a evolución do xénero. Así, catro especies con tubos florais alongados e con perianto bilabiado rosa ou vermello son polinizadas por paxaros do xénero Nectarinia (Passeriformes) ou ben pola bolboreta Aeropetes tulbaghia. Outras dúas especies con flores rosas con marxes vermellas son polinizadas por moscas do xénero Prosoeca (Nemestrinidae). Finalmente, Tritoniopsis parviflora considérase única entre as iridáceas de Suráfrica, xa que ademais de presentar néctar azucrado, produce aceite nas flores como recompensa para a abella Redivia gigas (Melittidae).Manning, John C. & Peter Goldblatt. Radiation of Pollination Systems in the Cape Genus Tritoniopsis (Iridaceae: Crocoideae) and the Development of Bimodal Pollination Strategies. International Journal of Plant Sciences, volume 166 (2005), páxinas 459–474
Evolución e filoxenia miniatura|Flor de Diplarrena moraea. miniatura|Flor de Moraea gawleri.
As iridáceas son unha das familias máis grandes e mellor estudadas dentro da orde Asparagales. Distínguese das outras familias de Asparagales debido á estrutura única da súa inflorescencia (un ripidio) e a súa combinación de ovario ínfero con tres estames. Nass iridáceas tamén son comúns as follas unifaciais, mentres que as follas bifaciais son a norma nas restantes Asparagales.Goldblatt, P. Iridaceae. Flora of North America Vol. 26 p. 348 .
A diverxencia entre as doriantáceas e as iridáceas ocorreu hai aproximadamente 82 millóns de anos, durante o Campaniano no Cretáceo. Isophysis é o único membro vivente das iridáceas que é irmán de todos os demais integrantes da familia, dos cales diverxeu hai uns 66 millóns de anos, no Maastrichtiano.