The OA é unha serie de televisión estadounidense de misterio e ciencia ficción con elementos de fantasía, que foi estreada en Netflix o 16 de decembro de 2016. Creada e producida por Brit Marling e Zal Batmanglij, a serie é a súa terceira colaboración xuntos. Componse de oito episodios, todos eles dirixidos por Batmanglij, e está producida por Plan B Entertainment e Anonymous Content. Na serie, Marling protagoniza unha moza chamada Prairie Johnson que reaparece despois de sete anos desaparecida. Prairie agora chámase a si mesma "The OA", e malia que antes de desaparecer era cega, agora pode ver.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2016 Categoría:Series de televisión finalizadas en 2019 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión de Netflix