miniatura|dereita|Gravado de Virgil Solis para unha edición da obra Metamorfoses de Ovidio: Zeus, Éaco e as formigas do carballo.
Os mirmidóns (en grego, Μυρμιδόνες) eran un antigo pobo da mitoloxía grega, habitantes da Ftiótida, na Tesalia meridional. Peleu, pai de Aquiles, era rei dos mirmidóns. Segundo a lenda grega, foran creados por Zeus a partir dunha colonia de formigas e, por tanto, derivaron o seu nome da palabra grega para designar a formiga, myrmex (en grego: μύρμηξ).
Mencións nas fontes antigas Segundo a Ilíada de Homero, eran un pobo valente e con guerreiros moi capaces, e na Guerra de Troia loitaron baixo as ordes de Aquiles. Eran descendentes do rei Mirmidón, un rei da Ftiótida, que, pola súa vez, descendía de Zeus e dunha princesa chamada Eurimedusa. Segundo a mitoloxía, para a conquista da bela princesa, Zeus transformouse nunha formiga.
O poeta romano Ovidio conta outra versión no seu libro Metamorfoses, onde se di que cando a cidade de Exina quedou despoboada tras unha praga, o rei Éaco, rexente da cidade e pai de Peleu, pregoulle a Zeus que repoboase a cidade, así que este converteu as formigas que había dentro dun carballo en humanos para repoboala.
Segundo o historiador Estrabón, os mirmidóns chamáronse así, «formigas», porque as súas terras eran áridas e pedregosas, e para poder labrar os campos tiveran que retirar moitos pelouros formando longas cadeas humanas, como fan as formigas.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Ilíada Metamorfoses Exina, Grecia
Ligazóns externas Rodríguez, Fernando G. (2015): A guerra de Troia. (Xoaquín Freixeiro, trad.). Madrid: Editorial Weeble. Versión infantil adaptada e ilustrada, con licenza Creative Commons. Aquiles e Ulises . Web do Museo de Belas Artes da Coruña.
Categoría:Literatura da Grecia antiga Categoría:Mitoloxía grega Categoría:Grecia antiga Categoría:Épica