O Premio de Literatura Infantil El Barco de Vapor é convocado anualmente desde 1978 pola Fundación SM co fin de promover a creación dunha literatura para nenos que fomente o gusto pola lectura e transmita, con calidade literaria, uns valores humanos, sociais, culturais ou relixiosos que axuden a construír un mundo digno.

A este premio poden optar todos os escritores que o desexen, sempre que as obras que presenten estean escritas en castelán e, a partir de 1984, tamén en catalán, galego e éuscaro, sexan orixinais, inéditas e non foran premiadas anteriormente en ningún outro premio ou concurso.

O premio conta tamén con convocatorias en diferentes países de Latinoamérica: Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, México, Perú, Porto Rico e República Dominicana.

Dotación Até hai uns anos, este galardón estaba dotado con 100.000 euros (convocatoria en castelán en España), unha cifra que o situaba, canda o Premio Gran Angular (de literatura xuvenil, tamén da Editorial SM), entre os de maior dotación de España en canto a premios literarios en xeral. En 2008 reduciuse a dotación a 70.000 euros, e despois a 50.000, sendo a dotación actual de 35.000 euros.

A concesión do premio implica a edición e publicación por parte de Ediciones SM da obra premiada na colección do mesmo nome, así como o dereito á súa distribución e comercialización en todo o mundo.

Lista de gañadores en lingua castelá

1978: El Pampinoplas, de Consuelo Armijo 1979: Fray Perico y su borrico, de Juan Muñoz Martín 1981: Jeruso quiere ser gente, de Pilar Mateos 1982: Cucho, de José Luis Olaizola 1983: Un solo de clarinete, de Fernando Almena 1984: Cuentatrapos, de Víctor Carvajal 1985: El valle de los Cocuyos, de Gloria Cecilia Díaz 1986: Fantasmas de día, de Lucía Baquedano 1987: Danko, el caballo que conocía las estrellas, de José Antonio Panero 1988: El «Celeste», de Jesús Mª Merino Agudo 1989: Apareció en mi ventana, de Alfredo Gómez Cerdá 1990: El misterio de la mujer autómata, de Joan Manuel Gisbert (1º) 1991: Silvia y la Máquina Qué, de Fernando Lalana e José Mª Almárcegui 1993: ¡Canalla, traidor, morirás!, de José Antonio del Cañizo 1994: Las alas de la pantera, de Carlos Puerto 1995: Lili, Libertad, de Gonzalo Moure 1996: La noche del meteorito, de Franco Vaccarini 1997: El rey Arturo cabalga de nuevo, más o menos, de Miguel Ángel Moleón 1998: Finis Mundi, de Laura Gallego García (1º) 2000: El mensaje de los pájaros, de Joan Manuel Gisbert (2º) 2001: La leyenda del Rey Errante, de Laura Gallego García (2º) 2003: El complot de las flores, de Andrea Ferrari 2004: Sombra, de Paloma Bordons 2005: Siete reporteros y un periódico, de Pilar Lozano Carbayo 2006: Ojo de nube, de Ricardo Gómez Gil 2007: Calvina, de Carlo Frabetti 2008: El secreto de If, de Ana Isabel Conejo e Francisco Javier Pelegrín 2009: Se vende mamá, de Care Santos 2010: Historia de un segundo, de Jordi Sierra i Fabra 2011: Mi vecino de abajo, de Daniel Nesquens 2012: El secreto del huevo azul, de Catalina González Vilar 2013: Luces en el canal, de David Fernande Sifres 2014: El tesoro de Barracuda, de Llanos Campos 2015: La vida secreta de Rebecca Paradise, de Pedro Mañas 2016: Los protectores, de Roberto García Santiago 2017: Cómo arreglar un libro mojado, de Roberto Aliaga 2018: La niña invisible, de David Peña Toribio (Puño) 2019: Los escribidores de cartas, de Beatriz Osés García 2020: ¿Quién quieres ser?, de Carlo Frabetti 2021: Un bosque en el aire, de Beatriz Osés 2022: Jack Mullet de los Siete Mares, de Cristina Fernández Valls 2023: Más valiente que Napoleón, de Mónica Rodríguez 2024: La leyenda del samurái y la mariposa azul, de Pedro Caldas 2025: Feriópolis, de Ledicia Costas

Lista de gañadores en lingua galega 1984: Das cousas de Ramón Lamote, de Paco Martín 1985: Primeiro libro de Malola, de Xoán Babarro e Ana María Fernández Martínez (1º) 1986: Aventuras de Sol, de Alberto Avendaño 1987: Valdemuller, de Xosé Antonio Neira Cruz (1º) 1987: O globo máxico, de Andrés García Vilariño (1º) 1988: Memorias dun río, de Antón Cortizas Amado (1º) 1989: Barrigaverde e o dragón Achís, de Xoán Babarro (2º) 1990: O deus desaparecido, de Xosé Antonio Neira Cruz (2º) e Pepe Carballude (1º) 1991: O conto dos sete medos, de Antón Cortizas Amado (2º) 1993: O castrón de ouro, de Darío Xohán Cabana 1994: O misterio dos fillos de Lúa, de Fina Casalderrey 1995: Os gritos das Illas Lobeiras, de Antón Cortizas Amado (3º) 1997: A pirata Penamoura de Daniel Buján(1º)Terceira entrega de piratas: botín de ouro e Santo Graal , artigo en El Correo Gallego o 15 de febreiro de 2011. 1999: A lenda do capitán Miñoca, de Dolores Ruiz Gestoso 1999: Os ollos do Tangaleirón, de Xosé Antonio Neira Cruz (2º) 2002: De como o Santo dos Croques se fai peregrino, de Pepe Carballude (2º) 2003: O meu nome é Skywalker, de Agustín Fernández Paz 2006: Unha bruxa ben rara, de Carlos Mosteiro 2008: O canto dos peixes, de Marcos S. Calveiro 2011: Mundo Arb, de Manuel Lourenzo González

Notas

Véxase tamén Outros artigos Premio Merlín Premio Jules Verne Premio Lazarillo Concurso nacional de contos infantís O Facho Literatura infantil

Ligazóns externas Premio El Barco de Vapor Consulta das bases.

Categoría:Premios e certames literarios Categoría:Literatura infantil e xuvenil