miniatura|Manual árabe de fitoterapia (aprox 1334).

A medicina tradicional engloba o conxunto de prácticas e técnicas empregados para fins medicinais desenvolvido ó longo de xeracións dentro de varias sociedades de todo o mundo antes da era da medicina moderna.

A Organización Mundial da Saúde define medicina tradicional como: "A suma total dos coñecementos, habilidades e prácticas baseadas en teorías, crenzas e experiencias orixinadas en diferentes culturas, xa sexan explicadas ou non, utilizadas no mantemento da saúde, así como na prevención, diagnóstico, mellora ou tratamento de enfermidades físicas e mentais".

Outros nomes esquerda|miniatura|Mandrágora masculina e feminina segundo o tratado de medicina herbal do século XV Hortus sanitatis por Johannes de Cuba. miniatura|Apio do herbario de Barbarus Apuleius, (aprox 1400). Tamén é coñecido co nome de medicina herbal debido ó feito de que a maioría dos remedios son parte de terapias tradicionais que inclúen herbas medicinais, partes de plantas ou produtos de orixe vexetal. O uso de diferentes drogas, segundo os diferentes pobos tradicionais deu orixe ó nome de etnofarmacoloxía.

Outro nome aplicado para as prácticas curativas tradicionais é medicina popular ou medicina folclórica (en inglés: Folk medicine), xa que moitas destas técnicas son parte do folclore étnico local ou están intimamente relacionados.

Tamén se aplica o termo medicina alternativa no conxunto de prácticas medicinais tradicionais, incluíndo os doutras culturas ou países, como a medicina tradicional chinesa, a terapia manual tradicional do Xapón, e o ayurveda. Estes teñen en común o feito de que eles non forman parte das ciencias da saúde da medicina convencional.

En Galicia existen aínda hoxe exemplos de medicina tradicional como os compoñedores.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Medicina alternativa

Categoría:Medicina alternativa